Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PAZO ACOLLERÁ O VINDEIRO 17 DE XULLO O "XXX FESTIVAL INTERNACIONAL DE FOLCLORE" ORGANIZADO DENDE O PADROADO DA CULTURA
O PAZO ACOLLERÁ O VINDEIRO 17 DE XULLO O
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presentou o programa deste evento xunto co edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo
Narón, 1 de xullo de 2021. O Pazo da Cultura acollerá o vindeiro 17 de xullo a trixésima edición do Festival Internacional de Folclore organizado polo Padroado da Cultura. A presidenta do citado organismo e alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, deron a coñecer esta mañá o programa de actuacións, un total de catro, que comezarán a partir das 20.00h horas. “A mellora da situación sanitaria permítenos recuperar este ano outra das propostas de referencia na área cultural da nosa cidade, o Festival Internacional de Folclore, no que tres agrupacións internacionais, “Raíces de Perú” (Perú), “Illa de Pascua-Inanga Rapa Nui (Chile) e “Ballet Jammu” (Senegal) compartirán escenario coa Banda de Gaitas “Alxibeira”, do Padroado da Cultura de Narón”, indicou Ferreiro.
A Escola de Gaitas do Padroado da Cultura, dirixida por Román Romero, constituíuse no ano 1982 co obxectivo de salvagardar e contribuír á difusión da música tradicional galega. Dende 1987 actúa cada ano en numerosos concellos galegos e tamén doutras comunidades e países. Está integrada por 45 persoas de diferentes idades e as gaitas coas que tocan construíronse no prestixioso obradoiro de gaitas Seivane. É unha das bandas máis antigas da comarca e conta cun amplo repertorio de corte tradicional e tamén de pezas de novos autores. O seu repertorio é de corte tradicional: muiñeiras, xotas, pasodobres, alboradas… e inclúe tamén pezas compostas por novos autores cun marcado carácter galego, reforzando deste xeito a aposta do Concello de Narón por promocionar novos valores da música galega e por difundir as tradicións musicais de Galicia. O Grupo “Alxibeira” do Padroado intégrano mozas e mozos de entre 15 e 30 anos e creouse no ano 1986 con integrantes das Escolas de Baile Tradicional do Padroado. O obxectivo do grupo é a revalorización do folclore e costumes de Galicia e a recuperación das nosas tradicións, fins para os que “Alxibeira” realizou un intenso traballo de investigación por Galicia na procura de bailes, cancións… para elaborar o seu repertorio. Os traxes dos integrantes da agrupación foron reconstruídos seguindo os patróns dos antigos e incluso conservan algunhas pezas orixinais.
En canto a “Raíces de Perú”, trátase dunha formación constituída no ano 2009 en Madrid co obxectivo principal de difundir a danza peruana e contribuír deste xeito a reforzar a identidade nacional. Participaron en numerosos festivais en España e Europa difundindo a cultura peruana e o repertorio abarca todo o ámbito nacional, dende Lima e Ica, na costa, ata Junina o Ayacuho na serra ou Huánuco, na selva amazónica.
Outra das formacións que se poderán ver en Narón é “Illa de Pascua-Inanga Rapa Nui”, de Chile, que se fundou no ano 2013 por cidadáns chilenos residentes en Barcelona. O seu nome significa “de alma ou espírito Rapa Nui”, e o seu traballo artístico céntrase en realizar cadros representativos tradicionais do folclore chileno, en concreto de Illa de Pascua para difundilo a través do canto e da danza e valorar deste xeito a tradición cultural insular.
Dende Senegal chegará O “Ballet Jammu”, un proxecto que nace no ano 2008 en Dacar e no que se fusionan dúas ideas: facer un grupo de folclore estable e, á vez, escola de música e danza. Ten a súa sede no Centro Cultural de Yoff e integran o grupo músicos novos e bailaríns de todas as etnias de Senegal, que presentan nos espectáculos as danzas máis tradicionais e bailes cheos de enerxía e acrobacias.
As entradas para este evento están á venda no despacho de billetes do Pazo, a un prezo de 2 euros para abonados, desempregados e persoas con carné Xove ou de estudante e de 3 para o resto. A alcaldesa e o edil de Cultura animaron á cidadanía a acudir a este evento, “co que se pon en valor a nosa identidade cultural e tamén a doutros países, tal e como se vén facendo nos últimos vinte e nove anos a través desta convocatoria”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal