Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
DOSO CELEBRA O SÁBADO A RECREACIÓN DA ESFOLLA TRADICIONAL
DOSO CELEBRA O SÁBADO A RECREACIÓN DA ESFOLLA TRADICIONAL
Haberá unha exposición de bonecos de maínzo, un obradoiro sobre o pan e a degustación gratuita de castañas e chocolate.
Narón, 5 de Novembro de 2009.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa a 12ª edición do Programa de Recreación da Esfolla Tradicional de Doso que se celebrará nesta parroquia na tarde-noite do sábado 7 de novembro. O edil apostou de novo por enriquecer as tradicións orais con eventos coma este, baseado nunha recreación etnográfica arredor dunha tarefa agrícola e comunitaria desenvolvida nun rueiro agrícola. Nesta celebración se reproducen elementos e valores de base comunitaria mediante a participación da veciñanza e a reconstrucción e práctica activa da cultura popular.

A recreación da esfolla de Doso está dirixida ó público en xeral, e na mesma agárdase a presenza de escolares dos centros de ensino de Narón (que realizaron obradoiros de mazarocas) e do movemento asociativo da parroquia, principais organizadores do evento. O Concello de Narón colabora a través do Padroado de Cultura, cunha subvención de 10.000 euros.

O programa da 12ª edición da Recreación da Esfolla Tradicional de Doso consta dos seguintes actos:

-Exposición de bonecos de maínzo (realizada a partires dos traballos feitos polos alumnos/as de Educación Primaria dos centros de ensino de Narón).

-Museo Vivo sobre o ciclo do Pan (no que se pode apreciar todo o proceso de elaboración: dende a plantación do cereal ate o amasado do pan, por medio de máis de cen pezas de carácter etnográfico existentes nas casas dos veciños de Doso, mostrando tamén o xeito de amasado e cocedura tradicional, e o traballo ó vivo de dous artesáns que realizarán traballos de cestería e fiado).

-Comitiva dos carros (Dous carros cargados de maínzo sairán do rueiro da Cousa e do adro da Igrexa, acompañados de grupos etnográficos para chegar ó pe da Igrexa de Doso, onde serán recibidos polos bailes e a música dos grupos do Padroado de Cultura).

-Esfollado do Maínzo (unha vez descargado o maínzo os máis vellos do lugar, inaugurarán a esfolla coma homenaxe á laboura feita na salvagarda das nosas tradicións).

-Porfías e regueifas (os membros dos grupos de danzas tradicionais do Padroado de Cultura protagonizarán cantigas, danzas e desafíos coa finalidade de recrear o contexto no que se desenvolvía a esfolla).

-Xogos populares (realizaranse diferentes xogos de corte tradicional, relacionados co maínzo así como obradoiros de construcción de xogos e enredos a base de mazarocas, maínzo e materiais vexetais do entorno da eira).

O programa tamén inclúe a actuación musical do grupo de música tradicional “O Faixas” e a degustación gratuita de castañas e chocolate, por parte da Asociación de Veciños “A Naveira” de Doso. O secretario da asociación, Fernando Rodríguez, acompañou hoxe ó Concelleiro de Cultura na presentación desta actividade, e detallou o programa da mesma.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal