Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
INAUGURADO O PARQUE INFANTIL QUE O CONCELLO CONSTRUÍU NO LUGAR DE VILACORNELLE, NA PARROQUIA DO VAL
INAUGURADO O PARQUE INFANTIL QUE O CONCELLO CONSTRUÍU NO LUGAR DE VILACORNELLE, NA PARROQUIA DO VAL
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, inauguraron as instalacións acompañados doutros edís da corporación local, representantes da entidade veciñal e un grupo de nenas e nenos
Narón, 2 de xullo de 2021. O novo parque infantil de Vilacornelle, na parroquia do Val, está dende esta mañá aberto á cidadanía. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse hoxe ata a zona para inaugurar as novas instalacións, nun acto ao que se convidou á Anpa do CRA, e ás entidades da parroquia. Xunto a veciñas e veciños da parroquia e representantes da corporación local, entre os que estaba o portavoz municipal do PP, Germán Castrillón, cinco menores da zona encargáronse de estrear os xogos instalados no parque.
O Concello destinou unha partida duns 45.000 euros para acometer os traballos que permitiron habilitar este novo espazo de xogos nunha parcela municipal. Conta cunha tirolina, un columpio dobre e outro de serpe e unha vagoneta. A ubicación, xunto ao centro cívico social, a pista polideportiva da parroquia e unha ampla zona verde, permitirá ás veciñas e veciños desfrutar na parroquia dun amplo espazo de lecer.
O pasado o Consistorio acondicionou tamén unha parcela de aproximadamente 2.000 metros cadrados xunto ao centro cívico social na que se instalaron mesas e bancos de pedra e plantáronse varias especies de árbores autóctonas. O parque que agora se está construíndo ofrecerá novas alternativas de ocio para as nenas e nenos nese mesmo entorno, ao estar integrado nesa área.
“Continuamos traballando na mellora e ampliación dos espazos verdes e de lecer da cidade, tanto na zona urbana como na rural, para poñelos en valor e que poidan desfrutar deles as veciñas e veciños”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa agradeceu a asistencia dos representantes da entidade veciñal e animou aos nenos e nenas que se desprazaron hoxe ao parque a estrealo. Os menores recibiron como agasallo de mans da alcaldesa e dos edís da corporación local alí presentes unha gorra e unha botella de auga reutilizable.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal