Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ESTA SEMANA Á CIDADE
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ESTA SEMANA Á CIDADE
Ante a actual situación sanitaria recoméndase solicitar cita previa para doar, chamando -de balde- ao número de teléfono 900 100 828
Narón, 5 de xullo de 2021. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) desprazarase este venres, día 9, e o sábado 10 á cidade, concretamente ás inmediacións do Centro Comercial Odeón, estacionando na avenida Cataluña. O venres poderase doar sangue en horario de tarde, entre as 15.30 e as 21.00 horas e o sábado durante a mañá, de 10.00 a 15.00, tal e como se indicou dende ADOS.
Para poder doar sangue é preciso almorzar previamente e no caso de xantar esperar dúas horas antes da doazón. As persoas que acudan teñen que levar a tarxeta de doazón, DNI ou algún documento similar e informar ao médico no caso de que se estea tomando algún medicamento.
Así mesmo, debido á actual situación sanitaria derivada da covid-19 recoméndase solicitar cita previa, chamando, de balde, ao teléfono 900 100 828.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal