Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN CENTENAR DE POSTOS E ESPECTÁCULOS VARIADOS CENTRAN O PROGRAMA DO MERCADO MEDIEVAL DE NARÓN
O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, presentou o programa deste evento, que se desenvolverá os días 9, 10 e 11 de xullo no Parque do Río Freixeiro
Narón, 5 de xullo de 2021. O Mercado Medieval de Narón celebrarase esta fin de semana, os días 9, 10 e 11 de xullo, no Parque do Río Freixeiro. O edil de Feiras e Mercados, Santiago Galego, deu a coñecer esta mañá o programa do evento, no que se darán cita un centenar de postos de artesanía e alimentación e que contará con varios espectáculos de animación e, como novidade, un campamento medieval. “Un ano máis recuperamos esta cita, xa consolidada entre os eventos da tempada estival na cidade e na que se congregan cada ano centenares de persoas”, asegurou Galego. A Feira Medieval abrirá as súas portas o venres ás 18.00 e ás 18.30 horas abrirá o campamento medieval, dirixido a todo tipo de públicos e no que se dará a coñecer a vida da época, recreando situacións cotiás e donde se poderán ver armas, utensilios de cociña, toneis, haberá demostracións de combates, adestramentos, roupa do medievo… “É unha das novidades deste ano e esperamos que sexa do agrado de todas as persoas que o visiten, que terán a oportunidade de achegarse un pouco máis á vida no medievo”, apuntou o concelleiro. Tamén ás 18.30 horas abrirá o “rincón infantil”, con xogos de mesa para nenas e nenos e ás 19.00 dará comezo o gran pasarrúas de benvida ao mercado, no que participarán todas as compañías. A continuación terán lugar os espectáculos “Froilán e as súas travesuras”, “Shinku”, con danza aérea e hula hop; música polas rúas a cargo de Treefolk e un espectáculo final dende as 22.45 horas con lume, pirotecnia, danza e un número aéreo. Na xornada do sábado o Mercado Medieval reabrirá ás 11.00 horas, e tamén se poderá desfrutar ao longo da mañá e da tarde do rincón infantil, o campamento medieval, a música de Treefolk, espectáculos de duendes, sobre a natureza, as fadas, trovadores, sons de oriente e tamén haberá unha zona de restauración. Pola tarde reabrirá o mercado ás 18.00 horas con novas propostas para adultos e menores e novos números de elfos, pasarrúas, zancudos, música oriental… e ás 23.00 horas “Lume de bruxa”, con lume, pirotecnia, danza e un número aéreo, ao igual que na xornada do venres. O domingo tamén se poderá visitar o Mercado Medieval dende as 11.00 ata o mediodía, coas propostas do campamento do medievo, o rincón infantil, un gran pasarrúas ás 12.00 horas con todas as compañías, teatro, un espectáculo de fadas e música de Treefolk. Pola tarde, dende as 18.00 horas retomarase o programa e tamén ademais de música e propostas infantís haberá un pasarrúas con Treefolk ás 19.30 horas, espectáculos de acrobacias e teatro e outras propostas para rematar tralo pasarrúas das 21.30 horas. Galego animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a acudir a esta cita e desfrutar de todas as súas propostas durante esta fin de semana “ao tratarse dun evento pensado para todo tipo de públicos”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal