Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ASINOU CATRO CONVENIOS CON ENTIDADES SOCIAIS POR UN IMPORTE CONXUNTO DE 77.500 EUROS E A CESIÓN DUN DESPACHO Á ASOCIACIÓN AFAES
Marián Ferreiro rubricou os acordos coas entidades Acción Familiar Ferrol, Sociedade Cultural Areosa, Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais, Nuestra Señora de Chamorro e a Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal
Narón, 6 de xullo de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou catro convenios de colaboración con outras tantas entidades sociais e culturais que traballan na cidade, por un importe conxunto de 77.500 euros e outro que inclúe a cesión dun despacho con fins de realizar entrevistas de orientación laboral. “Un ano máis contaremos co importante traballo que desenvolve o persoal destas entidades na nosa cidade e tamén co apoio que prestan a actividades desenvolvidas dende o Concello, apostando por manter unhas vías de colaboración que permitan ofrecer á cidadanía uns servizos e unha atención axeitada ás súas necesidades, fomentar actividades dirixidas a persoas de todas as idades, como é o caso de AFA Ferrol, Areosa, Aspaneps e Nosa Señora de Charmorro”, A maiores, indicou, “tamén hay unha cesión dun despacho para orientar laboralmente dende instalacións municipais ás persoas coas que traballa a Asociación de Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal”. Acción Familiar Ferrol (AFA Ferrol) é unha organización sen ánimo de lucro que traballa na comarca dende o ano 2000. No caso concreto de Narón desenvólvese en colaboración co Concello un completo programa dirixido ao colectivo do pobo xitano, con varias propostas encamiñadas a acadar a súa plena integración na sociedade. En canto á Sociedade Cultural Areosa, o acordo rubricado dará continuidade á colaboración que mantén co Concello para desenvolver actividades vencelladas ao ámbito cultural e colaborar con programas que se impulsen dende o Consistorio. Entre outras propostas Areosa programa ao longo do ano actividades teatrais, un ciclo de música coral, un certame de habaneras, conmemora o Día das Letras Galegas… A alcaldesa asinou tamén o convenio coa Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais (Aspaneps), o que permitirá manter programas de atención socioeducativa dirixidos ao colectivo. En concreto, na cidade desenvólvese o proxecto “Atención socioeducativa-Concello de Narón 2021”, destinado a menores con necesidades de orientación e apoio no seu desenvolvemento psicosocial e educativo a través de catro áreas de intervención: comunicación e logopedia, atención educativa ao menor con necesidades específicas de aprendizaxe, grupo de apoio socioeducativo e orientación familiar. Todas as actividades estarán coordinadas co Servizo Sociocomunitario Municipal e unidades de traballo social do Concello e levaranse a cabo no local de Aspaneps, entidade que tamén colaborará con eventos conmemorativos organizados polo Concello e vencellados á temática deste acordo. O convenio coa asociación Nuestra Señora de Chamorro foi outro dos rubricados pola alcaldesa, co fin de manter os programas de atención a persoas con distinta diversidade para traballar con persoas afectadas de discapacidade intelectual, física e/ou sensorial e ás súas familias. A través deste convenio desenvolverase o proxecto “Fadas 2021”, de Formación e Apoio do Desenvolvemento Afectivo Sexual. A rexedora local rubricou tamén un acordo coa Asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal (Afaes), que impulsa actividades que promoven a saúde e o benestar de persoas con enfermidades mentais, a recuperación psicosocial e laboral, a súa integración e tamén presta apoio ás súas familias. Neste caso a colaboración non se materializará a través dunha achega económica por parte do Concello, senón que consistirá na cesión dun despacho ubicado nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, (A Gándara) durante uns días e horas determinados ao mes para realizar entrevistas de orientación laboral a persoas da Área Sanitaria de Ferrol que pertencen ao colectivo co que traballa a entidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal