Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO CINE DE VERÁN COMEZA MAÑÁ NA GÁNDARA COA PROXECCIÓN DE "A LEGO PELÍCULA 2"
O Padroado da Cultura de Narón organiza un ano máis este evento que se desenvolverá durante este mes en diferentes ubicacións da cidade e con entrada de balde
Narón, 7 de xullo de 2021. A Praza da Gándara acollerá mañá, ás 22.30 horas, a proxección da primeira das películas do ciclo “Cine de Verán”, “A Lego película 2”. O Concello organiza unha nova edición desta convocatoria a través do Padroado da Cultura e coa colaboración da Deputación da Coruña. As persoas que se acheguen ata a citada ubicación poderán ver, de balde, este filme protagonizado por Emmet, Lucy, Batman e os seus amigos, que tratan de vencer aos invasores e restaurar a harmonía no universo LEGO. Todos eles vivirán numerosas aventuras e na súa loita por tratar de salvar o mundo terán que enfrontarse a numerosos perigos e ameazas. O ciclo continuará durante todo o mes de xullo e a segunda das citas programadas desenvolverase este venres na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, donde se poderá ver “Pérez 2”. O protagonista da película é un neno de oito anos, Lucas, que intrigado por descubrir como o rato Pérez cambia os dentes que lles caen ás nenas e nenos por moedas trata de averígualo. Nesa liña ve como o rato cae nas mans dun empresario que quere vender os seus segredos para facerse rico pero Lucas intentará liberalo para que poida seguir agasallando aos menores cando lles caia un dente. Dende mañá e cada semana do mes de xullo haberá un total de dúas proxeccións, todas elas a partir das 22.30 horas, en espazos públicos de diferentes zonas do núcleo urbano e rural do municipio. A vindeira semana proxectarase “Maimiño” na Praza do colexio de Xuvia, o xoves día 15, e o venres 16 “Bruxerías” na Praza de Galicia, no Alto. Así mesmo, o 22 de xullo poderase ver “Nocturna, unha aventura máxica” no Centro Cívico do Val e o 23 “Folerpiña de neve” na pista polideportiva de San Xiao. As dúas últimas sesións de cine programadas nesta edición do ciclo son “Pet 2”, o día 29 na pista polideportiva de Pedroso e “A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol”, o día 30 na pista polideportiva de San Mateo. “O ciclo Cine de Verán” é unha alternativa máis de lecer para as nenas e nenos e as súas familias que organizamos para continuar impulsando as actividades culturais en diferentes ubicacións da zona urbana e rural, achegando así as diferentes propostas que se programan nesta área a toda a veciñanza”, apuntou a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, animando ás veciñas e veciños a desfrutar destas propostas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal