Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NO RELATORIO SOBRE "OS PRODUTOS DA COLMEA" QUE SE CELEBRARÁ NO VAL REMATA MAÑÁ
O Concello organiza esta convocatoria, que se desenvolverá en horario de mañá, en colaboración coa Asociación Terra Rendible
Narón, 8 de xullo de 2021. As persoas que desexen asistir ao relatorio sobre “Os produtos da colmea” que se impartirá este sábado, día 10, na parroquia do Val –na explanada xunto ao local social- dispoñen de prazo ata mañá para poder inscribirse, de balde, a través do correo: terrarendible@gmail.com. O Concello organiza a convocatoria en colaboración coa Asociación Terra Rendible. O curso dará comezo ás 10.00 horas co relatorio “Os produtos da colmea”, a cargo de Isabel Goti e tras unha pausa das 11.30, sobre as 12.00 horas dará comezo o coloquio e ás 12.30 a cata de mel. A xornada rematará, segundo as previsións, ás 13.00 horas. A convocatoria representa unha oportunidade para iniciarse no mundo da apicultura e, ao mesmo tempo, coñecer as posibilidades que ofrece o mundo rural a nivel de explotación dos recursos existentes e a diversificación.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal