Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO PRESENTA OS RESULTADOS DO ESTUDO "CONCILIACIÓN EN TEMPOS DA COVID-19?"
O CONCELLO PRESENTA OS RESULTADOS DO ESTUDO
A concelleira de Benestar Social, Catalina García, deu a coñecer esta mañá os datos do estudo, no que participaron preto de medio milleiro de persoas da cidade
Narón, 8 de xullo de 2021. A concelleira de Benestar Social, Catalina García, presentou esta mañá os resultados do estudo “Conciliación en tempos da covid-19?”, impulsado polo Concello o pasado mes de abril par coñecer de primeira man o xeito no que as familias naronesas viviron este último ano de pandemia. García agradeceu inicialmente a participación das 465 persoas que se sumaron a esta iniciativa, contestando ás preguntas da enquisa en liña que se habilitou para realizar o estudo a través da plataforma Abalar e tamén nos grupos de debate. “Sen todas esas persoas que fixeron posible este estudo non sería posible coñecer a situación real que atravesan numerosas familias da cidade e desenvolver esta investigación”, apuntou a edil naronesa.
“Queriamos saber o impacto da crise sanitaria, económica e social derivada da covid-19 entre as familias naronesas, e concretamente coñecer as posibilidades que tiveron para conciliar a súa vida laboral e familiar”, explicou García. Con este obxectivo realizáronse tres grupos de debate, dous nos que participaban as nais e pais coas súas fillas e fillos escolarizados en educación Infantil e/ou Primaria e un terceiro grupo con alumnado de sexto curso de Primaria.
En canto ao estudo, a responsable da área de Benestar Social indicou que un 44,4% das familias da cidade consideran que a situación de conciliación empeorou trala pandemia, mentres que o 38,2% aseguran que non mudou a súa situación particular e o 17,4% restante recoñece que a súa situación de conciliación mellorou no último ano.
Así mesmo, no documento presentado hoxe recóllese que as principais dificultades coas que se atoparon as familias para conciliar foron: os coidados das crianzas (sobre todo das máis pequenas), a falta de acordo entre tempos laborais e escolares, o apoio nas tarefas e deberes coa situación da docencia en liña, o teletraballo, a ausencia de rede familiar (sobre todo de avoas e avós) e a cancelación de servizos de conciliación como é o de madrugadores ou os comedores escolares. Os peches perimetrais que estiveron en vigor durante a pandemia e as vacacións escolares e peches de centros de día foron tamén outros factores que influíron negativamente nas opcións de conciliación das familias da cidade.
Así mesmo, entre as principais dificultades para conciliar tamén figura o emprego, citado nun 36,6% dos casos, e os tempos escolares, cun 25,2%. Neste ámbito, en función das persoas que participaron na enquisa, un 35,5 % recoñece que tivo que facer renuncias de tipo laboral para poder coidar, un 25,4% asumiu peores horarios para favorecer a conciliación, un 23,4% reduciu a súa xornada e ata un 12,7% deixou directamente o seu emprego para poder conciliar. “Temos casos nos que os propios homes recoñecen directamente que no labor que desenvolven os pais en materia de traballo doméstico e corresponsabilidade si houbo avances pero tamén que queda moito camiño por percorrer nalgúns casos”, apuntou García.
“Este estudo permitiranos adaptar os servizos e recursos municipais destinados a garantir a conciliación das familias da cidade, para poder facer uso dos mesmos nas mellores condicións posibles e sacándolles o máximo partido”, asegurou García.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal