Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ACOLLE DENDE HOXE TRES DÍAS DE MERCADO MEDIEVAL NA CIDADE
O PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ACOLLE DENDE HOXE TRES DÍAS DE MERCADO MEDIEVAL NA CIDADE
O Concello organiza un ano máis esta cita, na que participarán un centenar de postos de venda de produtos artesáns e de alimentación e haberá varios espectáculos e un campamento medieval
Narón, 9 de xullo de 2021. O Parque do Río Freixeiro acollerá dende esta tarde e ata a noite do vindeiro domingo unha nova edición do Mercado Medieval de Narón, organizado polo Concello. Tres días nos que un centenar de postos de artesanía e alimentación se darán cita nun evento no que non faltará a música, xogos e atraccións para nenas e nenos, obradoiros e incluso un campamento medieval, unha das novidades deste ano.
Os postos do Mercado Medieval abrirán ás 18.00 horas e ás 18.30 horas abrirá o Campamento Medieval, no que se recreará a vida da época e donde se poderán ver armas, utensilios de cociña, toneis, demostracións de combates, adestramentos, roupa do medievo… A esa mesma hora, sobre as 18.30 tamén se poderá participar nos xogos de mesa do Rincón Infantil e terá lugar un pasarrúas para amenizar a xornada e no que participarán todas as compañías e ao que asistirán representantes da corporación local. Os espectáculos “Froilán e as súas travesuras”, “Shinku”, con danza aérea e hula hop; música con Treefolk e un espectáculo final dende as 22.45 horas con lume, pirotecnia, danza e un número aéreo completan a programación do día de hoxe.
O Mercado reabrirá mañá ás 11.00 horas, cunha programación similar á de hoxe e actividades tamén para as nenas e nenos. A música de Treefolk, espectáculos de duendes, natureza, fadas, música de trovadores… forman parte das propostas que se completan estes días cunha zona de restauración. Tras un pequeno parón ao mediodía o mercado abrirá de novo ás 18.00 horas con novos números de elfos, pasarrúas, zancudos, música… e ás 23.00 horas “Lume de bruxa”, con lume, pirotecnia, danza e un espectáculo aéreo, ao igual que na xornada de hoxe.
O último día do Mercado será este domingo, que tamén reabrirá ás 11.00 horas ata o mediodía, coas propostas do Campamento Medieval, o rincón infantil, un gran pasarrúas ás 12.00 horas no que participarán todas as compañías, teatro, espectáculos de fadas, música de Treefolk… Tras un descanso para xantar, pola tarde, dende as 18.00 horas retomarase a programación con música, espectáculos de acrobacias e teatro e outras propostas para rematar tralo pasarrúas das 21.30 horas e cun espectáculo aéreo de luz, son e lume.
A programación ao completo para os tres días do Mercado Medieval de Narón pode consultarse a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Programa-Mercado-Medieval-Naron.pdf.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal