Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DESTINA UNHA PARTIDA DUNS 52.000 EUROS A MELLORAS NO EXTERIOR DO EDIFICIO DO XULGADO
O CONCELLO DESTINA UNHA PARTIDA DUNS 52.000 EUROS A MELLORAS NO EXTERIOR DO EDIFICIO DO XULGADO
O edil de Servizos, Ibán Santalla, apuntou que estas actuacións se complementarán coas melloras na accesibilidade previstas no edificio e valoradas en case 123.000 euros
Narón, 9 de xullo de 2021. O Concello destinará unha partida de preto de 52.000 euros a acometer varias obras de mellora no edificio do xulgado, en Xuvia. O edil de Servizos, Ibán Santalla, explicou que o vindeiro luns, día 12, dará comezo a primeira das actuacións contratadas, que consistirá na reparación da cuberta do edificio. “A empresa adxudicataria dos traballos reparará todo o tellado, lavándoo, comprobando en que estado se atopa o asento das tellas e reparando as armaduras”, explicou o edil naronés.
As obras de reparación da cuberta levan tamén implícita a colocación dos canalóns de recollida de pluviais, tal e como apuntou Santalla.
Así mesmo, na actuación proxectada dende o Concello tamén se habilitou unha partida específica para o pintado exterior do edificio e que incluirá a instalación das baixantes.
O concelleiro de Servizos explicou que se trata “de dúas intervencións moi necesarias e que permitirán mellorar considerablemente tanto a estrutura exterior das instalacións como o seu aspecto exterior e que se levarán a cabo, segundo as previsións iniciais, nun prazo aproximado de dous meses”.
Ao inicio das obras do tellado seguiranlle as de pintado, actuacións que se acometerán “dun xeito coordinado entre as empresas, para executalas de xeito que poidan rematar ao mesmo tempo”.
A materialización deste proxecto leva implícitos unha serie de cambios para reordenar o tráfico rodado na zona, segundo apuntou Santalla. “Cortarase á circulación rodada algúns días, en función das necesidades da obra, vial da Praza do Concello, de acceso dende a estrada de Castela manténdose a circulación sen cambios no resto de viais da zona”. Esta mesma mañá, axentes da Policía Local de Narón desprazáronse á zona para estudar os cambios que estarán en vigor durante as vindeiras semanas. A maiores, tamén se suprimirán temporalmente as prazas de estacionamento habilitadas en batería diante do edificio do xulgado.
“Dende o Concello estamos traballando para poder licitar en breve os traballos de mellora da accesibilidade do edificio do xulgado, unhas obras moi necesarias que suporán un investimento estimado en preto de 123.000 euros e que permitirán continuar avanzando na mellora da accesibilidade dos edificios municipais”, recalcou Santalla.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal