Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAVILLÓN DA GÁNDARA ACOLLE ESTE SÁBADO O XII TORNEO DE XIMNASIA RÍTMICA 'CIDADE DE NARON'
Participan 150 ximnastas na modalidade conxuntos. A entrada é gratuita.
Narón, 6 de Novembro de 2009.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e a presidenta e entrenadora do clube Acordes de Narón, Izaskum Hernáez, presentaron hoxe en rolda de prensa o XII Torneo de Ximnasia Rítmica Cidade de Narón, que se celebra mañá no Complexo Polideportivo Municipal da Gándara en horario de mañá (de 11:30 a 14:00 horas). Nesta ocasión participarán un total de 150 ximnastas de oito clubes, con presencia maioritaria dos equipos de A Coruña, As Pontes, Ferrol e Narón. Disputarán o torneo en 4 categorías, e na modalidade conxuntos. Estarán presentes tódolos clubes galegos federados, e haberá xuices nacionais neste torneo, que servirá de preparación de cara o próximo campionato galego. A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, animou a tódolos naroneses e naronesas a acudir mañá ó pavillón da Gándara a disfrutar deste espectáculo, cuia entrada é gratuita. Ademáis, felicitou publicamente ó clube Acordes de ximnasia rítmica “polo traballo que ven desenvolvendo coas nenas e nenos neste deporte”, indicou. A edila valorou a alta participación de ximnastas neste torneo, que alcanza a sua cifra máis elevada na historia do mesmo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal