Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE A VINDEIRA SEMANA Á CIDADE
O vehículo permanecerá operativo en diferentes ubicacións nas xornadas do luns 19, o xoves 22 e o venres 23 de xullo
Narón, 15 de xullo de 2021. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue desprazarase tres días da vindeira semana á cidade. Na xornada do luns 19 o vehículo permanecerá estacionado nas inmediacións da Cooperativa do Val, en horario de 9.30 a 14.30, se ben o xoves 22 estará todo o día –de 9.30 a 14.30 e dende as 15.30 ata as 21.00 horas- nas inmediacións do centro de saúde do Alto e o venres 23 entre as 15.30 e as 21.00 horas permanecerá nas proximidades da Praza da Constitución, na Solaina. As persoas que acudan a doar a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para poder facelo. É preciso levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Debido á actual situación pódese reservar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828 para graduar deste xeito a afluencia de doadores/as ás unidades de doazón.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal