Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMEZOU NO PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ESPAZO VERDE, UN MERCADO DE PROMOCIÓN DO COMERCIO LOCAL CON MÚSICA, ACTIVIDADES E GASTRONOMÍA
Os concelleiros de Promoción Económica, David Pita, e Feiras e Mercados, Santiago Galego, desprazáronse esta mañá á zona do evento
Narón, 17 de xullo de 2021. Os edís de Promoción Económica, David Pita, e Feiras e Mercados, Santiago Galego, desprazáronse esta mañá ao parque do Río Freixeiro con motivo do inicio de Espazo Verde, un mercado de divulgación do comercio local no participan preto dunha vintena de postos locais. Ás 11.00 abrían os postos de venda, instalados baixo unhas carpas, e tamén as food trucks que acudiron a este evento organizado polo Concello e que se poderá visitar hoxe ata as 00.00 e tamén mañá domingo, ininterrompidamente, de 11.00 a 00.00 horas. Nos postos instalados na zona do parque do Río Freixeiro podíanse adquirir productos de alimentación, roupa, complementos, artículos artesáns, elementos decorativos… e tamén informarse sobre alimentación saudable, baile, cortar o pelo e destinando o custe a causas benéficas… Así mesmo, ao longo da mañá impartíronse clases de ioga e sucedéronse as actuación musicais, con Carlos Mosquera, “Mos” e “The Duelist”. Esta tarde a partir das 17.00 horas haberá unha festa infantil con participación limitada e comezará unha masterclass de zumba e exhibición de hip hop e a última hora, de 20.30 a 22.00 horas actuará a formación “Lode” e de 22.30 a 00.00 horas “3D Band”. Na xornada de mañá, ás 11.00 haberá unha sesión de asesoramento nutricional e consellos sobre alimentación saudable; ás 12.00 un obradoiro de chapas con participación limitada; de 13.00 a 14.30 un concerto de Isma Taboada e de 15.00 a 16.30 outro concerto, nesa ocasión de Rocío Varela. Pola tarde ás 17.00 horas haberá un obradoiro de slime con participación limitada; ás 19.30 unha masterclass de “Upa jump”; ás 20.00 unha exhibición de baile deportivo e de 21.30 a 23.00 horas un concerto do “Dúo Cortem”. Para acudir como público poderase rexistrar previamente, de balde, a través da web: www.espazoverde.es, aínda que tamén se poderán facilitar os datos no momento de acceso ao recinto, pola entrada habilitada para tal fin.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal