Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
TONI ACOSTA, OLIVIA MOLINA, XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN, XABIER DÍAZ E AS ADUFEIRAS DE SALITRE, PROTAGONISTAS DALGÚNS DOS ESPECTÁCULOS DO PAZO NO ÚLTIMO CUADRIMESTRE DO ANO
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, deu a coñecer a programación dos últimos meses do ano
Narón, 19 de xullo de 2021. O Padroado da Cultura aprobou a programación correspondente ao último cuadrimestre deste ano. A alcaldesa da cidade e presidenta do citado organismo, Marián Ferreiro, anunciou que se levarán a cabo no Pazo entre setembro e decembro un total de vinte e tres espectáculos, dirixidos a todo tipo de públicos. “Actores como Carlos Blanco, Toni Acosta, Pepón Nieto, Olivia Molina e Alicia Borrachero, o humorista Xosé Antonio Touriñán, os cantantes Ismael Taboada, Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, entre outros, subiranse este ano ao escenario do Pazo, donde tamén haberá música góspel, circo e varias propostas de música e teatro infantil”, tal e como avanzou Ferreiro. A programación dos últimos meses do ano retomarase o 12 de setembro, coa actuación de Coldday Kids, unha banda tributo a Coldplay –Tertulia Producións-, unha proposta pensada para as nenas e nenos na que interpretarán temas da recoñecida banda británica. Continuará a programación de setembro os días 17 e 18 coa representación da comedia “Quen dixo medo?” –Con de Tres Pés S.L.-, protagonizada por Oswaldo Digón e Carlos Blanco; o 24 e 25 poderase ver o drama “Los Pazos de Ulloa” –Secuencia 3-, baseada na obra de Emilia Pardo Bazán e co Olivia Molina, Pere Ponce e Esther Isla entre o elenco artístico e o 26 co espectáculo multidisciplinar de música en directo “Acróbata y arlequín” –La Maquiné-, con Alejandro Conesa, Natalia Calles e outros actores e actrices que darán vida a varios personaxes para representar esta peza inspirada no universo do circo de Pablo Picasso a comezos do século XX e a música das primeiras vangardas. A música marcará de novo o inicio da programación do mes de outubro, coa presentación do disco “Sin cadenas”, de Ismael Taboada, o día 2, para continuar con teatro musical o día 9, con “Las cuatro estaciones… ya no son lo que eran” –Teatro Che y Moche-, unha comedia a partir da música universal de Vivaldi e cun musical infantil, “La Granja” –Tertulia Producción- o día 10 de outubro, no que se dará a coñecer a granxa máis famosa de todos os tempos. A música folk estará tamén moi presente no Pazo, donde o día 15 se poderá ver o concerto “Ailá” –Ozono, Horizonte Musical S.L.-, unha proposta inspirada nas recollidas históricas dos cantos de transmisión oral de Galicia, dando paso o día 16 ao humor da man de Xosé Antonio Touriñán, protagonista da comedia “Aquí tou” –Ainé Producións-. As últimas tres propostas do mes de outubro serán o 23, coa representación de “Mocha Dick” –La mona ilustre-, baseado na novela gráfica “Mocha Dick: la leyenda de la ballena Blanca”, de Francisco Ortega e Gonzalo Martínez; o 30 con “Las criadas” –Pentación Espectáculos-, un drama sobre a alta burguesía francesa entre cuxo elenco está a actriz Alicia Borrachero, e o 31 con “Alicia” –Máquina Teatral Teloncillo SL-, unha proposta de teatro musical protagonizada por Alicia, varios animais, xardineiros… No mes de novembro o día 6 terá lugar unha proposta de novo circo, “Drop” –Pistacatro Productora de Soños SL, con catro malabaristas e un pianista, para seguir a programación o día 7 co musical “Recuérdame. El tributo a Coco” –Vol Music Events-, baseado nunha das películas máis entrañables de todos os tempos, e o 13 coa comedia “O mozo da última fila” –Redrum Teatro-, protagonizada por un mozo problemático e que comeza a transformarse. O sábado 20 o monologuista J.J. Vaquero –Tertulia Producción- subirase ao escenario do Pazo para protagonizar un espectáculo moi particular, o domingo 21 será o turno da música con “Pettit Pon en concerto” –Edicións Embora SL-, un concerto de música familiar baseado no sentido do humor e que busca a implicación do público e o día 27 estarán en Narón Pepón Nieto, Toni Acosta, Dani Muriel e María Ordóñez, entre outros actores, con “Anfitrión” –Mixtolobo SL-, unha peza sobre un texto orixinal do autor latino Plauto. Finalmente, no mes de decembro o día 10 haberá un concerto de música folk tradicional, con Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, que presentarán en Narón o seu terceiro disco, “As catedrais silenciadas"-; o 11 poderase ver a obra “O charco de UIises” –Centro Dramático Galego-, unha versión libre da Odisea; o 12 regresará a música da man de Mistura Son, con “Cuba e Galicia xuntas”, un proxecto de sete mulleres, músicos galegas e cubanas; os días 17, 18 e 19 terá lugar unha nova proposta de circo, “Circo de Nadal” –La fiesta escénica-; e o 23, para pechar a programación do último cuadrimestre deste ano, chegará de novo, como é tradicional cada ano, a música gospel, con “Spitir of New Orleans Gospel Choir” –The Projecto Music-. As persoas abonadas poden reservar a butaca asignada dende hoxe ata o 31 de xullo e a partir do 4 de agosto poranse á venda libre as entradas dos espectáculos do Padroado na web do Padroado e no despacho de billetes do Pazo.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal