Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE DESPRAZARASE ESTA SEMANA AO ALTO E Á SOLAINA
O vehículo permanecerá estacionado mañá xoves nas inmediacións do antigo centro de saúde do Alto e o venres na zona da Praza da Constitución
Narón, 21 de xullo de 2021. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) permanecerá mañá estacionada nas inmediacións do antigo centro de saúde do Alto (rúa 25 de Xullo), entre as 9.30 e as 14.30 horas e tamén pola tarde, de 15.30 a 21.00. Así mesmo, na xornada do venres desprazarase ás inmediacións da Praza da Constitución, na Solaina, donde permanecerá operativa en horario de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para poder facelo. Deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Dende ADOS indicaron que debido á actual situación pódese reservar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828 para graduar deste xeito a afluencia de doadores/as ás unidades de doazón.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal