Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NAS SAÍDAS DE OBSERVACIÓN DE FLORA E FAUNA "COÑECE O NOSO PATRIMONIO NATURAL"
O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, indicou que a convocatoria terá lugar o vindeiro mércores, día 28, en horario de tarde
Narón, 22 de xullo de 2021. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, anunciou a apertura do prazo, hoxe, para inscribirse nunhas saídas de observación da flora e da fauna que se levarán a cabo pola zona do LIC Xuvia-Castro, de Rede Natura 2000. “Coñece o noso patrimonio natural” é o lema desta proposta, na que profesionais no ámbito da flora e da fauna encargaranse de guiar ás persoas que acudan e ofrecerlles información das diferentes especies a medida que avancen no tramo a percorrer, tal e como indicou Galego. As saídas serán o vindeiro mércores, día 28, polo paseo marítimo de Xuvia, a primeira delas ás 18.00 horas e a segunda ás 19.30, e dunha hora e media de duración, aproximadamente. Realizaranse grupos dun máximo de doce persoas e seguirase o protocolo pertinente para a prevención da Covid-19. Galego animou á cidadanía a participar nesta convocatoria “para coñecer mellor e da man de expertos na materia boa parte da flora e da fauna propias da nosa cidade”. As persoas que desexen acudir poden anotarse, de balde, a través da páxina web: www.evenbrite.es.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal