Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO HABILITA UN PLAN ESPECIAL DE TRÁFICO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO TRISHARK NARÓN 2021
O CONCELLO HABILITA UN PLAN ESPECIAL DE TRÁFICO CON MOTIVO DA CELEBRACIÓN DO TRISHARK NARÓN 2021
O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, solicitou de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas na zona
Narón, 22 de xullo de 2021. O Concello habilitou un plan especial de tráfico con motivo da celebración, o vindeiro sábado día 24, da cuarta edición do Trishark Narón. Este evento reunirá na cidade a algo máis de trescentos deportistas –e tamén persoas afeccionadas ao triatlón- que competirán na enseada da Gándara e na zona do paseo de Xuvia e inmediacións. O edil de Seguridade Cidadá, Román Romero, anunciou que a estrada de Castela permanecerá cortada ao tráfico rodado, dende a rotonda de Megasa ata a praza do colexio de Xuvia entre as 16.00 e as 20.00 horas do sábado, co fin de desenvolver o evento.
Os vehículos desviaranse pola estrada de San Xiao e o Camiño da Revolta cara aos tramos abertos da estrada de Castela e dende o Concello tamén se informou á concesionaria do servizo de transporte metropolitano para que os autobuses utilicen un vial alternativo, o Camiño das Agras. Persoal de Protección Civil encargarase de informar na zona o propio día do evento e ofrecer as indicacións oportunas.
Romero solicitou de antemán desculpas á cidadanía polas molestias ocasionadas por esta medida, necesaria para ofrecer as máximas garantías neste evento deportivo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal