Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA ASINOU OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS ASOCIACIÓNS GAIKAI, ASPERGA E COGAMI
A ALCALDESA ASINOU OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COAS ASOCIACIÓNS GAIKAI, ASPERGA E COGAMI
Marián Ferreiro destacou o labor que desenvolven estas entidades con diferentes colectivos da cidade
Narón, 23 de xullo de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, asinou os convenios de colaboración coa Asociación Galega de Asperger (Asperga) e coa Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), ambos en materia de acción social. O importe conxunto destes dous acordos supón unha achega económica por parte do Concello de 7.500 euros. A maiores, tamén asinou un novo convenio coa Asociación Gaikai, en materia de Mocidade, sen importe económico e que permitirá continuar dinamizando ao colectivo de rapazas e rapaces de Narón dende a Casa da Mocidade, lugar de encontro e información dende o que planificarán diversas actividades. A rexedora local asinou este último convenio coa representante de Gaikai, María Elisa Rojas e estivo tamén no acto o edil de Mocidade, Pablo Mauriz.
Ferreiro asinou dixitalmente dous convenios, o da entidade Asperga coa representante da entidade, Rita Concepción González. Neste caso o acordo permitirá continuar desenvolvendo na cidade o programa de atención a persoas con síndrome de asperger, un trastorno do espectro do autismo que afecta ás relacións sociais. A rexedora local recordou que ao igual que en anos anteriores, levaranse a cabo, entre outras propostas, obradoiros de ocio terapéutico, considerados de interese social de carácter singular dado o colectivo ao que se dirixen. En concreto realizaranse cinco: de rol, de escape room, de temática medioambiental, de creatividade e de emocións.
No que respecta ao convenio con Cogami, que Marián Ferreiro asinou con Anxo Antón, representante da citada entidade, tamén se manterá o compromiso do Concello de contribuír con programas de atención a persoas con discapacidade e promover o desenvolvemento social do colectivo na cidade. A través deste acordo continuarase ofrecendo un servizo que dea resposta ás demandas de atención especializada ás persoas con discapacidade, tal e como figura no documento, con especial atención ás que se atopan en situación de vulnerabilidade.
A alcaldesa destacou o labor que entidades como Asperga, e Cogami desenvolven a nivel xeral e, en particular, con persoas da cidade, e tamén o traballo que realizan dende Gaikai coas mozas e mozos de Narón. “A atención ás persoas é fundamental e dende o Concello continuaremos apoiando o gran traballo que realizan neste ámbito asociacións como Asperga, Cogami e Gaikai, que prestan a atención e os servizos que precisan diferentes colectivos da cidade”, destacou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal