Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O VINDEIRO LUNS ABRIRÁ O PRAZO DE RESERVA DE ENTRADAS PARA OS CONCERTOS E REXISTRO DE ACCESO A ACTIVIDADES DO "GULLIVER FEST"
O VINDEIRO LUNS ABRIRÁ O PRAZO DE RESERVA DE ENTRADAS PARA OS CONCERTOS E REXISTRO DE ACCESO A ACTIVIDADES DO
As persoas que desexen acudir a este evento organizado polo Concello e a asociación FurgoGalicia, deben realizar os trámites a través da web: www.gulliverfest.es
Narón, 23 de xullo de 2021. A organización do Gulliver Fest, o festival da cultura viaxeira que se celebrará os días 6, 7 e 8 de agosto na área recreativa de Pedroso, abrirá o vindeiro luns, día 26, o prazo para reservar entrada –de balde- para os concertos que se sucederán nas dúas primeiras xornadas. O venres 6 actuarán neste evento The Soul Jacket e Kumpania Algazarra e o sábado día 7 será o turno de Carla Green & The Demons e La Regadera. As persoas que desexen asistir deben reservar as entradas a través da web: www.gulliverfest.es, co que garantirán a súa praza nos concertos (ata completar a capacidade dos mesmos), nos que o público estará sentado. O sábado día 7, como novidade, haberá ás 9.00 horas unha carreira de orientación, para a que tamén será preciso inscribirse na web. Para acudir ao resto de actividades do programa –que se pode consultar tamén ao completo na citada web- será preciso rexistrarse previamente para facilitar os datos, medidas establecidas no protocolo da covid-19 para este evento.
Os representantes da Asociación FurgoGalicia, que organiza o evento xunto co Concello, Ángel Sánchez e Martín Taibo, indicaron que a día de hoxe xa se completaron as prazas habilitadas tanto para a zona camper como para a de acampada, reducidas este ano debido á situación sanitaria.
O venres día 6 ás 16.00 horas abrirase ao público a zona do festival e o programa centrarase nos dous concertos dese día, de The Soul Jacket -20.00 horas- e Kimpania Algazarra -22.00-.
Na xornada do sábado retomarase a programación coa primeira edición da Carreira de Orientación -9.00 horas- e continuará pola mañá cunha clase de ioga -9.30- para a que se haberá que inscribir na zona do festival, a actuación de Gramola Gominola -12.00- e unha sesión vermú -13.30-. Xa pola tarde poderase acudir á actuación de Circanelo -16.00- e terán lugar as Charlas viaxeiras, nas que xa está confirmada a asistencia de Babyvanglog, The social water, Mochileros e será Lety Lagarda a encargada de pechar a cita, falando das súas viaxes en solitario por países como Pakistán, Líbano ou Arabia Saudí, facendo un repaso por anécdotas, vivencias e unha reflexión sobre a importancia da experiencia de viaxar en solitario e visibilizalo. Tamén o sábado haberá un obradoiro de creación de chapas do festival -16.30-, actuará Fanfarria Taquikardia -18.00- e pola noite serán os concertos de Carla Green&The Demons -20.00- e de La Regadera -22.00-.
Finalmente, o domingo 8 de agosto retomaranse as clases de ioga -9.30 horas-, haberá un obradoiro para camperizar furgonetas -10.30-, competicións de xogos tradicionais -11.00-, un obradoiro the social water -11.30- e música dende as 12.30. incluíndo unha sesión vermú ás 13.30 con Jin Tony´s Son Band.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal