Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IMPULSA UNHA CAMPAÑA DE BENESTAR ANIMAL NOS PARQUES CANINOS DA CIDADE
O edil de Medio Ambiente e Sanidade, Santiago Galego, avanzou que a campaña comezará mañá pola tarde no parque canino das Vivendas da Mariña
Narón, 26 de xullo de 2021. O Concello impulsa unha campaña de benestar animal que se difundirá a partir de mañá martes nos parques caninos da cidade. Así o avanzou o edil de Medio Ambiente e Sanidade, Santiago Galego, que avanzou que consistirá na entrega duns dípticos informativos sobre benestar animal e outros sobre cans potencialmente perigosos e que tamén leva implícita a entrega de dispensadores de bolsas para recollida de excrementos de cans. O concelleiro anunciou que a entrega do material se levará a cabo ao longo desta semana, comezando mañá, de 20.00 a 21.30 horas no parque canino das Vivendas da Mariña, para continuar o mércores no da Gándara, o xoves no de Freixeiro e o venres no de Xuvia e tamén no paseo marítimo desta parroquia, sempre no citado horario. O edil naronés explicou que nos dípticos informativos se presta especial atención á importancia de adoptar animais, as súas necesidades básicas e as principais prohibicións da normativa de benestar animal, así como o importe máximo das posibles sancións por incumprimentos, que poden alcanzar os 30.000 euros. Así mesmo, noutro dos dípticos especifícanse cales son as razas de cans calificados como potencialmente perigosos e os requisitos administrativos que deben cumprir os propietarios e propietarias dos mesmos. “Queremos concienciar á cidadanía no tema da recollida das deposicións das mascotas porque é un tema de salubridade pública”, recalcou Galego, que ao mesmo tempo incidiu na importancia de “buscar a convivencia afín entre as persoas que teñen mascotas e as que non as teñen”.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal