Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DESTINA UNHA PARTIDA DUNS 18.000 EUROS A ACONDICIONAR A CONTORNA DO OENACH ATLÁNTICO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse á zona da campa do Trece, en Sedes, para ver o avance dos traballos
Narón, 30 de xullo de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Servizos, Ibán Santalla, desprazáronse á parroquia de Sedes con motivo do avance dos traballos de acondicionamento da contorna do Oenach Atlántico. A rexedora local explicou que se están executando na campa do Trece “unhas obras orzamentadas en case 18.000 euros e que permitirán mellorar considerablemente as pallozas da zona, así como as súas inmediacións”. O proxecto consiste na restitución das pallozas e a colocación dun sebe perímetro de cubrición da contorna, de xeito que ofrecerá maior protección tanto aos elementos que alí se ubican como ás persoas que se acheguen á zona. “Con estes traballos mellorarase o aspecto paisaxístico da contorna do Oenach Atlántico, un dos eventos culturais que a pesares de que nos dous últimos anos non se celebrou pola situación sanitaria, concentra unha gran afluencia de público”, apuntou a alcaldesa. Ao mesmo tempo, indicou, “acondiciónanse as pallozas e os elementos que se atopan no recinto, tanto os reservados para animais como as pallozas de teito cónico, conservando no mellor estado posible estas construcións moi típicas en Galicia e un dos sinais de identidade da nosa comunidade”. Nas pallozas circulares xa se procedeu á reparación do teito cónico, restituíndo o breixo e colocando un plástico separador impermeable. No que respecta aos espazos reservados para gardar animais, tamén se está levando a cabo a reparación do teito, que será de breixo, ao igual que nas cónicas. A maiores, o proxecto inclúe a retirada da entulleira de restos de sebe existente e procedeuse á plantación de loureiros, de aproximadamente un metro de altura, que separarán fisicamente as diferentes áreas e darán unha maior sensación de privacidade á contorna, tal e como figura no proxecto. “Unha vez rematados estes traballos, que se están ultimando estes días, a campa do Trece terá un aspecto totalmente renovado”, recalcou Ferreiro. A alcaldesa recordou “a aposta do goberno local por conservar este tipo de espazos, que son unha referencia e un recoñecemento ao traballo realizado polos nosos ancestros e á nosa cultura en xeral”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal