Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A COOPERATIVA DO VAL INICIAN UNHA CAMPAÑA PROMOCIONAL DO PEMENTO DO COUTO
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e a xerente da Cooperativa do Val, Marta Vázquez, presentaron hoxe a campaña no Concello
Narón, 2 de agosto de 2021. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, e a xerente da Cooperativa do Val, Marta Vázquez, presentaron esta mañá no Concello a campaña promocional do Pemento do Couto. O edil naronés explicou que a finalidade desta iniciativa, impulsada dende o Consistorio en colaboración coa citada cooperativa local, “é dar valor a este produto, con Indicación Xeográfica Protexida (IXP), incrementando o seu valor engadido e tamén destacando as posibilidades que ofrece a súa produción”. Pita explicou que a campaña consiste na instalación de cinco vallas publicitarias do pemento do Couto, que se instalarán hoxe mesmo en diferentes ubicacións do termo municipal: estrada de Castela-Piñeiros; estrada de Castela-Ponte das Cabras; Centro Comercial Odeón; Polígono da Gándara-rotonda de Alcampo; estrada de Catabois-dirección Arquitecto Marcide e zona de Parque Ferrol. Así mesmo, repartiranse na Cooperativa do Val e noutros puntos dípticos informativos sobre a historia dos pementos do Couto e coa receita tradicional e tamén bolígrafos. “Temos que apoiar o pemento do Couto como produto local e de proximidade”, asegurou o concelleiro, incidindo en que a través desta campaña “apostamos por destacar que estes pementos non pican, o que os diferencia doutros que podemos atopar no mercado”. A xerente da Cooperativa do Val agradeceu a colaboración do Concello e indicou que o pemento do Couto “é un produto digno de ensalzar”. En canto á produción do mesmo, recalcou que se trata “dunha fonte de ingresos para moitos produtores e produtoras, a maioría vencellados á cooperativa do Val pero hai máis”. Vázquez destacou que é “un dos mellores produtos da zona, un pemento doce, con IXP propia e que ensalza a economía de proximidade dende un punto de vista importante porque se xera na zona dende o inicio”. Na actualidade, tal e como indicou a xerente da Cooperativa do Val, a produción está no seu pico máximo. “Comercializamos de xuño a setembro e este ano hai moita produción, polo que contamos doblar as vendas do pasado ano”, indicou Vázquez. Finalmente, o concelleiro de Promoción Económica amosou a súa confianza en que a campaña promocional dea os resultados esperados e avanzou que “dende o Concello seguiremos impulsando iniciativas como a que hoxe presentamos porque consideramos que son moi importantes para poñer en valor este tipo de produtos”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal