Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN 1,98 MILLÓNS DE EUROS A XESTIÓN DAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS DA SOLAINA, A GÁNDARA E PIÑEIROS
As empresas interesadas en presentar as súas ofertas no Concello poderán facelo ata o vindeiro 27 de agosto
Narón, 3 de agosto de 2021. O Concello licita en 1.985.801 euros a xestión das escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros por un período de dous anos. As empresas interesadas en presentar as súas ofertas dispoñen de prazo ata o 27 de agosto para presentalas formalmente no Concello. Os plegos deste contrato están publicados na Plataforma de Contratación do sector público, podendo tamén consultarse dende a páxina web do Concello: www.naron.es, no apartado de “Perfil do contratante”. O contrato incluirá o servizo educativo principal dos tres centros, así como a acollida, permanencia, o servizo de comedor, o de limpeza e actividades complementarias. As achegas económicas do Concello realizaranse en tres anualidades, debido a que, segundo as previsións actuais, o novo contrato estará en vigor dende o vindeiro 1 de setembro ata o 31 de agosto de 2023. En base a eses datos, este ano abonaríanse 248.226 euros, o vindeiro ano unha partida de 992.905 euros e no período de servizo de 2023 (de xaneiro a setembro), os 744.679 euros restantes. Cada unha das tres escolas infantís municipais de Narón conta con seis unidades e 82 prazas de atención simultánea, distribuíndose do seguinte xeito: dúas unidades de 0 a 1 ano (16 prazas en total); dúas unidades de 1 a 2 anos (26 prazas en total) e outras dúas de 2 a 3 anos (40 prazas en total). Os centros deberán prestar os seus servizos de luns a venres durante todo o ano, en horario de 7.30 a 20.00 horas, contemplándose organizacións especiais nos meses de xullo e agosto en función da demanda e tamén posibles cambios no horario atendendo ás necesidades do servizo. As prestacións a desenvolver nas escolas infantís da Solaina, A Gándara e Piñeiros por parte da empresa adxudicataria son os servizos de educación principal (proxecto educativo), acollida e permanencia dos menores nos centros educativos, comedor, limpeza, actividades complementarias e outros que a entidade oferte e que se definan como complementarios.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal