Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ASINADOS OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS FERROLTERRA
ASINADOS OS CONVENIOS DE COLABORACIÓN COA CONFEDERACIÓN DE EMPRESARIOS FERROLTERRA, EUME E ORTEGAL E A ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS FERROLTERRA
O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, rubricou os acordos cos representantes de Cofer e da AEF, Cristóbal Dobarro e Ángel Torreiro, respectivamente
Narón, 3 de agosto de 2021. O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, asinou esta mañá os convenios de colaboración do Concello coa Confederación de Empresarios Ferrolterra, Eume e Ortegal (Cofer) e coa Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF), por un importe que en conxunto ascende a 18.000 euros. Sánchez Fojo destacou o labor que no ámbito empresarial levan a cabo estas dúas asociacións e recalcou a importancia de continuar respaldándoas dende a administración local “para seguir apostando pola implantación de novas empresas en Narón e tamén por ofrecerlles ás que están operativas actividades e servizos de calidade”.
Sánchez Fojo rubricou o convenio de Cofer con Cristóbal Dobarro, representante da citada entidade, coa que o Concello formaliza o compromiso de realizar actuacións de interese xeral encamiñadas a potenciar e desenvolver o tecido empresarial. Deste xeito, conxuntamente, levaranse a cabo iniciativas e actividades que contribúan a dinamizar a economía e a cultura empresarial e tamén se implantarán medidas para paliar os efectos da covid-19. Entre as mesmas figuran, tal e como se recolle no acordo, accións para promover a creación de emprego e o asentamento empresarial na cidade e formar e informar a traballadores/as en activo e directivos de empresas para que manteñan actualizados os seus coñecementos.
Así mesmo, o alcalde accidental de Narón asinou tamén o convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios Ferrolterra (AEF) con Ángel Torreiro como representante da entidade. A través deste acordo realizaranse actividades e colaborarase en actuacións para impulsar e fomentar a actividade empresarial e a creación de novas empresas en Narón. Dende AEF facilitarase ao Concello información coa que deseñar actuacións que propicien o establecemento e consolidación de actividades empresariais, tamén información actualizada dos polígonos industriais de Narón e deseñaranse políticas públicas para a promoción do desenvolvemento económico axeitadas á actividade empresarial.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal