Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
Á VENDA PARA O PÚBLICO XERAL AS ENTRADAS PARA OS ESPECTÁCULOS DO ÚLTIMO CUADRIMESTRE DO ANO NO PAZO DA CULTURA
Á VENDA PARA O PÚBLICO XERAL AS ENTRADAS PARA OS ESPECTÁCULOS DO ÚLTIMO CUADRIMESTRE DO ANO NO PAZO DA CULTURA
As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo da Cultura de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00
Narón, 4 de agosto de 2021. As entradas para os espectáculos programados para o segundo cuadrimestre do ano no Pazo da Cultura están dende hoxe á venda para o público xeral. As persoas interesadas poden adquirilas no despacho de billetes do Pazo da Cultura, de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00. Entre os meses de setembro e decembro sucederanse un total de vinte e tres espectáculos, con propostas dirixidas a todo tipo de públicos. A programación ao completo pode consultarse a través do enlace: http://www.naron.es/web/docs/Programacion-SETEMBRO-DECEMBRO.pdf.
O vindeiro 12 de setembro retomarase a programación do Padroado da Cultura no Pazo, co espectáculo Coldday Kids, unha banda tributo a Coldplay -18.00 horas-, para continuar os días 17 e 18 coa comedia “Quen dixo medo?” -20.30 e 20.00 horas, respectivamente-, nas xornadas do 24 e 25 coa representación de “Los pazos de Ulloa” -20.30 e 20.00, respectivamente- e o día 26 co espectáculo multidisciplinar con música en directo “Acróbata y arlequín” -18.00-.
No mes de outubro o cantante Ismael Taboada presentará o día 2 -20.00 horas- o seu novo disco, “Sin cadenas”, o día 9 -20.00- haberá teatro musical, “Las cuatro estaciones… ya no son lo que eran”; o día 10 co musical “La granja” -18.00-, e os días 15 e 16 con música folk tradicional, a cargo de “Ailá” e coa comedia “Aquí tou”, protagonizada por Xosé Antonio Touriñán -20.30 e 20.00 horas respectivamente-. A programación de outubro rematará coas propostas “Mocha Dick”, o sábado 23 -20.00 horas-; a representación da peza de drama “As criadas”, coa actriz Alicia Borrachero o día 30 -20.00- e un espectáculo de teatro musical, “Alicia” o día 31 -18.00 horas-.
En novembro continuará a programación do Pazo o día 6 -20.00 horas- cunha proposta circense, “Drop” e o día 7 haberá un tributo a Coco, co musical “Recuérdame” -12.00-. O 13 de novembro representarase a comedia “O mozo da última fila” -20.00- e a fin de semana do 20 e o 21 poderase ver un monólogo protagonizado por J.J. Vaquero e a “Petit pop en concerto” -21.30 e 18.00 horas, respectivamente-, pechando a programación dese mes a representación da comedia “Anfitrión”, o día 27 -20.00- cun elenco do que forman parte Pepón Nieto, Toni Acosta, Dani Muriel e María Ordóñez.
O 10 de decembro regresará a música folk ao Pazo, nesa ocasión a cargo de Xabier Díaz e As Adufeiras de Salitre, que presentarán o disco “As catedrais silenciadas” -20.30 horas-. Esa mesma fin de semana, o día 11 representarase a obra “O charco de Ulises” -20.00- e o día 12 volverá a música, con Mistura son e o seu traballo, “Cuba e Galicia xuntas” -19.00-. A programación do último mes do ano inclúe o “Circo de Nadal” que se poderá ver os días 17 -19.00 horas-, 18 -17.00 e 19.00- e 19 -12.30 e 18.00 horas- e finalmente o día 23 haberá un concerto de música gospel con “Spitir of New Orleans Gospel Choir” –20.30 horas-.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal