Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ÁREA RECREATIVA DE PEDROSO ACOLLE DENDE HOXE ATA O DOMINGO O FESTIVAL DA CULTURA VIAXEIRA GULLIVER FEST
Concertos, música, actividades e charlas viaxeiras centran un completo programa de actividades dirixido a persoas de todas as idades
Narón, 6 de agosto de 2021. A área recreativa de Pedroso acolle dende esta tarde, ás 16.00 horas, unha nova edición do Festival da cultura viaxeira Gulliver Fest. A programación deste evento, organizado polo Concello e a Asociación FurgoGalicia, sucederase dende hoxe ata o vindeiro domingo, día 8, co aforo completo tanto para as actividades convocadas como para a acampada e a zona camper, ao ser obrigatorio rexistrarse previamente. A música será a gran protagonista esta tarde, cos concertos de The Soul Jacket e Kumpania Algazarra, ás 20.00 e 22.00 horas respectivamente. O programa continuará desenvolvéndose mañá a partir das 9.00 horas, cunha actividade de orientación e cunha clase de ioga que dará comezo ás 9.30 horas, podendo inscribirse para participar nesta última mañá na zona da actividade. Ás 12.00 horas actuará Gramola Gominola e ás 13.30 dará comezo a sesión vermú, a cargo do grupo Espantallos. Xa pola tarde, ás 16.00 haberá unha actuación para público familiar e infantil, con Circanelo, e a esa mesma hora darán comezo as Charlas viaxeiras, un dos espazos máis representativos da programación. Baby Van Blog, Mochileros VC, Los López x el mundo e Leti Lagarda contarán aos asistentes as súas experiencias viaxeiras polo mundo, repasando anécdotas e vivencias e amosando imaxes da súa visita a numerosos países, nalgúns casos en solitario e noutros en familia. Ás 16.30 horas dará comezo un obradoiro de creación de chapas do festival e ás 18.00 horas iniciaranse os concertos do sábado, coa actuación de Fanfarria Taquikardia, para continuar ás 20.00 horas con Carla Green & The Demons e ás 22.00 horas con La Regadera. O domingo retomarase a programación cunha clase de ioga que dará comezo ás 9.30 horas e tamén se levará a cabo, dende as 10.30 horas, un obradoiro para camperizar furgonetas. Ás 11.00 horas haberá unha competición de xogos tradicionais; ás 11.30 un obradoiro con The social Water; ás 12.30 actuarán Los guardianes del rock e pechará o Gulliver Fest a sesión vermú de Jin Tony´s Son Band, ás 13.30 horas. A Biblioteca municipal de Narón terá un espazo propio neste festival da cultura viaxeira, habilitando na área recreativa de Pedroso un espazo de lectura e donde se poderán ver tamén varias publicacións relacionadas coas viaxes. A música, as viaxes, a literatura e as actividades na natureza son un ano máis os sinais de identidade do Gulliver Fest de Narón, un evento pensado para persoas de todas as idades en nun dos enclaves máis característicos da cidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal