Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO DE NARÓN PROMOCIONA OS RECURSOS TURÍSTICOS DA CIDADE CUN STAND PROPIO QUE SE PODE VISITAR ESTA FIN DE SEMANA EN EQUIOCIO
O CONCELLO DE NARÓN PROMOCIONA OS RECURSOS TURÍSTICOS DA CIDADE CUN STAND PROPIO QUE SE PODE VISITAR ESTA FIN DE SEMANA EN EQUIOCIO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, destacou os recursos que a nivel turístico ofrece a cidade
Narón, 7 de agosto de 2021. O Concello de Narón conta un ano máis cun stand promocional propio na trixésima edición de Equiocio, un evento que se celebra na ferrolana parroquia de Covas e que reunirá esta fin de semana, ata o domingo, a recoñecidos xinetes e tamén afeccionados ao mundo da hípica. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, animou ás persoas que acudan a esta cita a visitar o stand de Narón, “no que poderán coñecer algúns dos recursos turísticos e produtos gastronómicos propios da cidade”.
A campaña “Narón para os teus ollos”, o tramo do Camiño Inglés que discurre polo municipio, o vello Camiño Vello a Santo André, construcións como os muíños de Xuvia e As Aceas, o mosteiro de San Martiño de Xuvia, a Ruta dos muíños, a Pena Molexa-A Barca Lunar… forman parte dos recursos culturais, etnográficos, patrimoniais e naturais sobre os que se ofrece información no stand de Narón, tal e como destacou Hermida.
A concelleira de Turismo destacou o feito de que dende o Concello “continuamos avanzando para promocionar todos os recursos que pode ofrecer Narón, sinalizando rutas, dotándoas de audioguías, recuperando edificios dun gran valor histórico e patrimonial, como o muíño de Xuvia, e adquirindo outros, como o de As Aceas, co obxectivo tamén de rehabilitalo, sempre cun mesmo fin, que as nosas veciñas e veciños, e tamén as persoas que visitan a cidade, poidan desfrutar destas instalacións e espazos naturais e coñecer a súa historia”.
Así mesmo, no apartado gastronómico, tamén se reservou un espazo para promocionar o pemento do Couto, con Indicación Xeográfica Protexida (IXP) e que se distribúe dende a Cooperativa do Val. “Dende o Concello de Narón continuamos apoiando ás produtoras e produtores desta recoñecida hortaliza e este evento é unha oportunidade máis para visibilizar a excelente calidade destes pementos e, ao mesmo tempo, poñer en valor o traballo que realiza toda a xente que fai posible que poidan chegar ao consumidor final”, apuntou a edil de Turismo.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal