Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
REFORZO NOS DESBROCES, NA LIMPEZA VIARIA E DOS POLÍGONOS INDUSTRIAIS COA ENTRADA EN VIGOR DO NOVO CONTRATO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBÁNS
REFORZO NOS DESBROCES, NA LIMPEZA VIARIA E DOS POLÍGONOS INDUSTRIAIS COA ENTRADA EN VIGOR DO NOVO CONTRATO DE RECOLLIDA DE RESIDUOS SÓLIDOS URBÁNS
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, destacou a implantación das primeiras melloras contempladas no novo contrato, que entrou en vigor a pasada semana
Narón, 9 de agosto de 2021. O novo contrato de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns (RSU) e limpeza viaria entrou en vigor a pasada semana. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, destacou o feito de que “parte das melloras contempladas nese novo contrato xa se están aplicando e o resto implantaranse progresivamente, co fin de mellorar este servizo tanto na zona urbana como na rural”.
Unha das accións máis inmediatas é o reforzo nos traballos de desbroces que se acometen na zona rural, para limpar a maleza das marxes dos viais de titularidade municipal. “Dende hoxe os tractores que realizan estas tarefas estarán operativos tamén en horario de tarde, polo que os desbroces levaranse a cabo durante a mañá e a tarde este mes e tamén en setembro e, no caso de ser necesario, prolongaríase o servizo durante todo o día tamén no mes de outubro”, explicou Santalla. O edil naronés indicou que esta semana os tractores están traballando nas parroquias de San Mateo, Pedroso e Sedes e que a medida que avancen as semanas se irán desprazando a outras parroquias ata completar todos os núcleos da zona rural. “Esta é unha das melloras máis importantes do novo contrato porque é fundamental ese labor que permite mellorar a seguridade viaria e tamén reforzar a limpeza para reducir o risco de incendios”, apuntou o concelleiro de Servizos. Na actualidade, tal e como recordou, no termo municipal os tractores están realizando xa, dende o inicio do ano, unha cuarta ronda de desbroces nas parroquias do rural.
En base ao novo contrato operarios da empresa adxudicataria do servizo encargarase tamén da limpeza da zona na que se realiza o primeiro domingo de mes o feirón de Santa Icía, tras facerse cargo o Concello do desenvolvemento desta cita mensual que antes xestionaba a AVV da Solaina.
Santalla explicou que “as melloras a aplicar iranse vendo paulatinamente, coa chegada tamén nas vindeiras semanas dunha barredora eléctrica e co incremento en dúas persoas máis do equipo de persoal de limpeza viaria, que estaba formado por dez persoas e pasa a ser de doce na zona urbana e nos polígonos industriais da Gándara, As Lagoas e Río do Pozo.
“Seguiremos traballando para mellorar os servizos que se ofrecen dende o Concello á cidadanía e este contrato vén a constatar esa vontade e esa aposta do goberno local por manter a nosa cidade nas mellores condicións de limpeza e tamén é unha firme aposta por fomentar a reciclaxe e a implantación de servizos como o contenedor marrón, a quinta fracción –materia orgánica- para cumprir a normativa europea”, subliñou.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal