Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O JAZZ DE RÍA ABRE A SÚA 5ª EDICIÓN CO ÚNICO CONCERTO QUE VAI OFRECER A ORQUESTRA GALEGA DE LIBERACIÓN ESTE VERÁN
O JAZZ DE RÍA ABRE A SÚA 5ª EDICIÓN CO ÚNICO CONCERTO QUE VAI OFRECER A ORQUESTRA GALEGA DE LIBERACIÓN ESTE VERÁN
O alcalde accidental de Narón, Guillermo Sánchez Fojo e a concelleira de Cultura de Neda, Verónica Vigo, presentaron con Aitana Cuétara, directora do festival, este evento
Narón, a 11 de agosto de 2021.- Esta mañá presentáronse no Parque de Freixeiro en Narón todos os detalles da 5ª edición do Festival Jazz de Ría, que este ano programa concertos nos dous concellos situados ao fondo da ría, Neda e Narón, que se suman así a esta cita, na que xa participaron Ferrol e Mugardos, co obxectivo de colaborar e contribuír a crear espazos e proxectos que poñan en valor a comarca de Ferrolterra como territorio de referencia para o público da escena jazz en Galicia.
No acto participaron o alcalde accidental de Narón e concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo; a concelleira de Cultura de Neda, Verónica Vigo; e a directora do festival, Aitana Cuétara, que destacou a participación no cartel deste ano da Orquestra Galega de Liberación. “Será a única oportunidade de velos este verán en Galicia –dixo a directora-; é o único concerto previsto por agora porque obviamente non é fácil mover un proxecto que vai poñer sobre o escenario -que montaremos aquí mesmo no Parque de Freixeiro- a 17 músicas e músicos moi recoñecidos no ámbito da música clásica, do jazz e mesmo da performance, ofrecendo un concerto experimental e presentando unha proposta de vangarda sonora e estética que vai deixar pegada nas persoas que teñan a sorte de presenciala”. A cita será este venres 13 ás 21.30 horas.
Cuétara tamén quixo resaltar a calidade de todos os concertos do cartel, que responde ao compromiso que o festival vén demostrando ao longo das súas cinco edicións de programar as mellores propostas de jazz galego e poñelas en conversa con grandes referencias de fóra, que nesta ocasión estarán representadas pola participación de Lucía Rey Trío, o sábado 14 ás 13.00 horas en Neda. Canto aos proxectos galegos, ademais da Orquestra Galega de Liberación, o festival vai ofrecer en rigurosa estrea o primeiro concerto da nova formación de Baldo Martínez – Cuarteto da Terra, o sábado 14 ás 23.00 en Narón; e tamén o jazz cigano e bailable dos Aló Django, tamén o sábado 14, ás 21.30 horas en Narón, o único concerto que terá lugar no concello de Neda en sesión vermú e que nos fará lembrar os tempos nos que funcionaba na Ribeira de Neda un salón de baile. O concerto de Aló Django vaise celebrar xusto enfrente da casa onde estaba situado ese salón, e a organización espera que sirva para recoller historias e anécdotas que axuden a rescatar o patrimonio inmaterial do lugar, dentro do proceso de recuperación de memoria colectiva que se abriu durante a localización de espazos do festival.
Tras celebrarse en Mugardos e Ferrol, onde o festival sementou durante catro edicións o amor polo jazz entre o público de todas as idades, o Jazz de Ría viaxa nesta 5ª edición á descuberta de novos espazos nos concellos de Narón e Neda para presentar unha programación que volverá apostar pola pola calidade, a diversidade, a posta en valor do territorio, e o apoio incondicional ás propostas artísticas galegas.
En só catro edicións o Festival Jazz de Ría conseguiu posicionarse dentro do circuito de festivais de jazz da península, ampliando notablemente o seu público e a súa repercusión mediática cunha proposta singular en canto a espazos e músicas, que mereceu unha nominación na categoría de Mellor Festival na edición 2018 dos Premios Martín Códax da Música.
As entradas para acudir ao festival son gratuítas ata completar aforo. A organización recomenda chegar con antelación, seguir as indicacións do persoal, non quitar a máscara en ningún momento, reducir todo o posible o contacto coas demais persoas asistentes, e non acudir en caso de ter estado en contacto con algún positivo na Covid-19.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal