Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO RECIBE DÚAS SUBVENCIÓNS DA CONSELLERÍA DO MAR PARA IMPULSAR OS PROXECTOS "NARÓN, MAR ABERTO" E "MERGULLANDO NO LITORAL DE NARÓN"
O CONCELLO RECIBE DÚAS SUBVENCIÓNS DA CONSELLERÍA DO MAR PARA IMPULSAR OS PROXECTOS
O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, anunciou que o importe das dúas subvencións concedidas ascende a preto de 38.000 euros
Narón, 12 de agosto de 2021. O Concello de Narón recibiu dúas subvencións da Consellería do Mar, ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo para os proxectos “Mergullando no litoral de Narón” e “Narón, mar aberto”. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, explicou que o GALP Golfo Ártabro Norte respaldou estes dous proxectos impulsados dende o Consistorio e que recibirán axudas por importe conxunto de 37.541,65 euros, que se abonarían nas partidas correspondentes en dúas anualidades.
En canto ao proxecto “Mergullando no litoral de Narón” o proxecto a levar a cabo suporá un investimento de 26.530 euros, dos que se subvencionarán 23.877 euros -11.925 este ano e os restantes 11.952 durante o exercicio de 2022. Pita indicou que se trata dunha iniciativa que ten por obxecto reforzar o papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais, tal e como figura na convocatoria. Así mesmo, a través deste proxecto fomentarase o crecemento económico, a inclusión social, a creación do emprego e o apoio á empregabilidade dependentes da pesca e acuicultura. Con esta finalidade, deseñarase unha imaxe do proxecto, realizarase un vídeo para poñer en valor os produtos da ría de Ferrol e outro sobre o espazo Rede Natura 2000-Costa de Narón e convocaranse cursos formativos para impulsar a creación de empresas no marco da economía azul sostible, sobre trazabilidade e etiquetado ao consumidor final, de Liños Mariños e sobre medio ambiente e sostibilidade. A maiores, tamén con cargo a este mesmo proxecto, o vindeiro ano programaranse unhas xornadas divulgativas sobre a evolución do sector costeiro de Narón como consecuencia do aumento do nivel do mar e tamén un curso de formación sobre análises de perigos e puntos de control críticos.
Ademais, indicou o edil de Promoción Económica, "a través do proxecto “Narón, mar aberto”, tamén apostaremos por poñer en valor, crear emprego e atraer xóvenes e promocionar a innovación en todas as fases da cadea de subministración dos produtos de pesca e acuicultura, fomentando o crecemento económico, a inclusión social, a creación do emprego…" Neste caso trátase dunha proposta orzamentada en 19.520,93 euros, para a que o Concello recibirá unha subvención de 13.664,65 euros -4.644,10 este ano e os restantes 9.020,55 durante 2022-. Actividades vencelladas coa exploración de aves mariñas na Costa Ártabra, un obradoiro para escoller, preparar, limpar e cociñar os produtos do mar e outro de tapas e pinchos con produtos do mar, así como a exaltación da ameixa da ría e do percebe da zona costeira do Val, en Narón, forman parte das iniciativas a levar a cabo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal