Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
VENDIDAS NUNHA SEMANA PRETO DE 2.000 ENTRADAS PARA OS ESPECTÁCULOS DO ÚLTIMO CUADRIMESTRE DO ANO NO PAZO DA CULTURA
O alcalde accidental e concelleiro de Cultura da cidade, Guillermo Sánchez Fojo, asegurou que as vendas avanzan "a moi bo ritmo"
Narón, 12 de agosto de 2021. O Padroado da Cultura vendeu dende o pasado 4 de agosto preto de 2.000 entradas ao público xeral para acudir a algún dos vinte e tres espectáculos programados entre os meses de setembro e decembro no Pazo da Cultura. O alcalde accidental e edil de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, destacou que “as vendas avanzan a moi bo ritmo” e destacou a calidade dos espectáculos que se sucederán nos últimos catro meses do ano no Pazo. En canto á acollida dos mesmos, polo momento vendéronse máis localidades para ver a comedia “Quen dixo medo?”, o venres 17 e sábado 18 de setembro, protagonizada por Carlos Blanco e Oswaldo Digón; “Los pazos de Ulloa”, que se representará os días 24 e 25 de setembro e con Pere Ponce e Olivia Molina entre o elenco; a comedia “Aquí tou”, protagonizada polo cómico galego Xosé Antonio Touriñán, que estará o 16 de outubro no Pazo; a obra “Las criadas”, que se poderá ver o 30 de outubro e de cuxo elenco forma parte a actriz Alicia Borrachero e “Anfitrión”, que o 27 de novembro traerá a Pepón Nieto, Toni Acosta e Daniel Muriel, entre outros recoñecidos actores, ao Pazo da Cultura. Dende o Padroado da Cultura informouse que polo momento quedan entradas dispoñibles para todos os espectáculos deste ano, se ben se incidiu en que nos anteriormente indicados as vendas avanzan a maior ritmo.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal