Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO CREA UNHA GUIA DO COMERCIO DE NARON ACCESIBLE DENDE A REDE
O CONCELLO CREA UNHA GUIA DO COMERCIO DE NARON ACCESIBLE DENDE A REDE
Inclúe o enderezo de máis de 70 establecementos comerciais do municipio.
Narón, 17 de Novembro de 2009.- A Concelleira de Promoción Económica do Concello de Narón, Angeles Díaz Pardo, presentou hoxe en rolda de prensa a Guia do comercio de Narón, elaborada pola administración local co fin de dar a coñecer a oferta comercial do municipio. “Queremos que sexa un escaparate aberto do comercio de Narón, poñelo a disposición dos comerciantes para que difundan a súa actividade” sinalou a edila.

A Guía do Comercio de Narón está dispoñible en formato web, no seguinte enderezo: http://guiacomercio.naron.es/. Nesta publicación se clasifican os establecementos comerciais do municipio nas seguintes categorías: animales, alimentación, automoción, clínicas dentales, cocina e baño, deportes-caza e pesca, droguería e perfumería, ferretería-electricidade-carpinteiría-, hostaleria e restauración, inmobiliaria e construcción, librería, mercerías, mobles e decoración, ópticas, perruquería, publicidade e impresión, textil, viaxes, xoieria e floristería.

O menú da páxina consta de sete sección diferenciadas que son as seguintes: inicio (inclúe un calendario laboral do ano 2009), guía do comercio (onde figuran os datos dos comercios coma o nome, enderezo e logotipo), novas, rexistro de empresa (formulario para os establecementos que desexen ser incluidos aquí), canal do comercio de Narón (videos dos eventos organizados pola Concellería de Promoción Económica, coma campañas de apoio ó comercio ou a Gala do Comercio de Narón), fotos, e enlaces a páxinas relacionadas coa actividade comercial.

“Pretendemos que sexa unha páxina viva e en contínuo crecemento”, declarou a Concelleira de Promoción Económica respecto ó novo servizo público.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal