Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN DE AUTOBÚS E OUTRO PARA O DE CAMIÓN E TRÁILER
O CONCELLO CONVOCA UN CURSO PARA A OBTENCIÓN DO PERMISO DE CONDUCIÓN DE AUTOBÚS E OUTRO PARA O DE CAMIÓN E TRÁILER
A edil de Formación, Natalia Hermida, anunciou que o prazo para inscribirse permanecerá aberto do 16 ap 23 de agosto, ambos incluídos
Narón, 13 de agosto de 2021. O Concello convoca un curso de Preparación para a obtención do permiso de condución D (autobús) con CAP inicial de viaxeiros/as e outro de Preparación para a obtención do permiso de condución C (camión) e E (tráiler) con CAP inicial de mercadorías. O prazo para inscribirse abrirase o vindeiro luns, 16 de agosto, ás 8.30 horas e rematará o 23 de agosto ás 13.00 horas, tal e como anunciou a concelleira de Formación, Natalia Hermida. A edil naronesa incidiu en que estas accións formativas incorporan unha medida de acción positiva, polo que terán prioridade as mulleres á hora de realizalos.
Hermida explicou que no caso do curso para obter o permiso de condución de autobús o alumnado deberá ser maior de 24 anos e no de camión e tráiler ser maior de 21. Así mesmo, nos dous casos é preciso que teñan en vigor o permiso de condución B, ter superado o correspondente psicotécnico, estar desempregado/a e empadroado/a no Concello de Narón.
Ambos cursos terán unha duración de 260 horas cada un e impartiranse na sede da Autoescola Anpidriver, na Gándara (rúa Concepción Arenal, 73, Narón) entre o 13 de setembro e o 29 de novembro deste ano, de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres. Ofértanse un total de oito prazas para cada un dos cursos e das 260 horas un total de 130 correspóndense coa formación teórica presencial para a preparación do CAP; 12 clases serán prácticas de condución (incluídas as dos exames) e 118 horas serán de formación para os permisos –D ou C e E- (incluídas as de presentación aos exames oficiais).
A edil naronesa explicou que será de balde para o alumnado o pago das taxas de exames teóricos/pistas e circulación para o carné D e tamén para os C e E, segundo o curso, e as taxas de expedición e exames teóricos do CAP inicial obrigadas por Tráfico (sen incluír a renovación, só unha convocatoria) e o alumnado deberá abonar o pago do psicotécnico e o requerido polo centro de exames.
As persoas interesadas deben presentar as instancias no Rexistro Xeral do Concello –de 8.30 a 13.00 horas-, na Sede Electrónica de Narón ou a través do resto de medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
18
20
23
24
25
26
27
29
30
31
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal