Concello de Narón
Espa�ol
Contacto
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DE REFORZO EDUCATIVO A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS (REFORZATIC) O DÍA 1 DE SETEMBRO
O CONCELLO ABRIRÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NOS OBRADOIROS DE REFORZO EDUCATIVO A TRAVÉS DAS NOVAS TECNOLOXÍAS (REFORZATIC) O DÍA 1 DE SETEMBRO
O número de prazas por grupo adaptaranse ás medidas de prevención establecidas como consecuencia da evolución da situación da Covid-19 na comunidade autónoma de Galicia
Narón, 20 de agosto de 2021. Os obradoiros do programa Reforzatic teñen por obxecto: Achegar as novas tecnoloxías e todo o seu potencial cara á adquisición de coñecementos así como concienciar e educar no uso responsable das novas tecnoloxías da comunicación e da información. Ofertar un abano de recursos aos centros educativos para realizar fóra do horario lectivo. Reforzar ao alumnado co maiores dificultades de aprendizaxe nas áreas de lingua e matemáticas mediante a utilización de dinámicas e exercicios grupais de comprensión, síntese, e cálculo lóxico-matemático, dirixido á educación primaria. Están dirixidos a alumnado escolarizado en centros de ensino de Narón que estea cursando educación primaria e derivado polos departamentos de Orientación dos centros educativos.
As datas de celebración dos obradoiros serán de outubro de 2021 a maio de 2022 en horario de tarde, 2 horas á semana por grupo.

As solicitudes poderán presentarse a través da sede electrónica, no rexistro municipal, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica do Concello de Narón.
As persoas interesadas poderán recibir máis información no Servizo Sociocomunitario, na 1ª planta do Concello, teléfono 981337700, Ext. 1111/1108/1109



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
20
22
24
25
26
28
29
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal