Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONCELLERÍA DE ESTATÍSTICA E A AVV ROSA DOS VENTOS AVANZAN NO PROXECTO DE NOVA NUMERACIÓN, SINALIZACIÓN E RECUPERACIÓN DA TOPONIMIA NA PARROQUIA DE SEDES
A responsable da área, Mar Gómez, agradeceu a colaboración das veciñas e veciños de Sedes e tamén o traballo do persoal municipal
Narón, 23 de agosto de 2021. A concelleira de Estatística, Mar Gómez, reuniuse esta mañá no Concello cunha representación da Asociación veciñal Rosa dos Ventos de Sedes e persoal do citado departamento na administración local para avanzar nas tarefas de nova numeración de vivendas, sinalización de lugares e recuperación de toponimia na parroquia. A edil naronesa destacou e agradeceu a colaboración da AVV e, en xeral, das veciñas e veciños de Sedes, “pola súa implicación e axuda no traballo de campo que require este importante proxecto”. A entidade veciñal da parroquia exporá no local social os planos da zona de Sedes que estarán a disposición dos residentes dos distintos lugares, a partir de mañá e durante un periodo de 15 días, para que os consulten e realicen as aportacións que consideren oportunas, manifestou Gómez. “A colaboración das persoas que viven nos lugares do rural é fundamental para que esta iniciativa finalice cun resultado óptimo. A previsión é rematar estas tarefas, proxectadas en toda a zona rural e semiurbana do Concello, na presente lexislatura”, recordou a responsable da área.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal