Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
´NARÓN MÁIS DOCE QUE NUNCA´
A elaboración gañadora será elixida por un xurado profesional do mundo da Pastelería, Gastronomía e da área de Formación
Narón, 25 de agosto de 2021. O Concello de Narón, a través da Concellería de Turismo e Festas, promoverá un concurso dirixido a profesionáis da Gastronomía co obxectivo de acadar un produto gastronómico de pastelería representativo do noso Concello a "Tarta de Narón". Así o anunciaron esta mañá o alcalde accidental, Guillermo Sánchez Fojo, e a concelleira de Turismo e Festas, Natalia Hermida Rico. A proposta seleccionada que será de produción propia, servirá para compartir tanto en festas-celebracións de carácter familiar e social, como en agasallo para turistas e persoas que por calquera outro motivo visitan Narón, neste sentido será un "doce de viaxe". Tamén será un produto-degustación que nos represente en eventos de carácter institucional, turístico e promocional do territorio poñendo en valor a nosa riqueza pasteleira. A elaboración gañadora será elixida por un xurado profesional do mundo da pastelería, gastronomía e da área de formación, e formará parte nas vitrinas das pastelerías que a desexen ofrecer como reclamo turístico e gastronómico. A "Tarta de Narón" é unha marca rexistrada polo Concello de Narón, acompañada dunha imaxe do Muiño das Aceas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal