Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COMEZOU O SEGUIMENTO "PORTA A PORTA" AOS PARTICIPANTES NA CAMPAÑA DE COMPOSTAXE DOMICILIARIA
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, destacou a implicación das persoas participantes e o interese amosado nesta campaña
Narón, 26 de agosto de 2021. O Concello de Narón comezou a pasada semana o seguimento “porta a porta” aos participantes na campaña municipal de compostaxe caseira a fin de que as persoas usuarias desenvolvan correctamente esta técnica, teñan a oportunidade de resolver dúbidas e reciban o oportuno asesoramento por parte de persoas técnicas especialistas na materia. Esta campaña, destinouse á participación de 100 veciños e veciñas do municipio que recibiron os correspondentes medios materiais para a elaboración de compost de forma totalmente gratuita. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, recordou que “a través desta iniciativa o Concello de Narón busca unha mellor solución para os residuos orgánicos xerados nos fogares ao mesmo tempo que procura evitar a deposición de restos vexetais de podas nos contenedores municipais ou na vía pública, coas vantaxes que isto supón”. Esta iniciativa lévase a cabo en colaboración coa Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia, no marco do programa Feder 2014-2020.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal