Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONVOCA A II EDICION DO CONCURSO DE BELÉNS 'CIDADE DE NARÓN'
Poden participar tódalas persoas que o desexen, de forma individual ou conxuntamente, nas categorías tradicional e creativa.
Narón, 18 de Novembro de 2009.- A 1ª Tenente de Alcalde do Concello de Narón, Angeles Díaz Pardo, presentou hoxe en rolda de prensa a 2ª edición do Concurso de Beléns ‘Cidade de Narón’ que nesta ocasión conta con duas novidades respecto á convocatoria do ano pasado. Trátase dos premios e as categorías nas que se poderá participar. A organización (que corre a cargo da Concellería de Protocolo) establece dúas modalidades para presentar as creacións: belén tradicional e belén creativo. Dentro desta última inclúense os deseños feitos con materiais orixinais e non convencionais coma a plastilina ou o cartón, que xa foron empregados na primeira edición por algúns dos participantes. A modalidade de belén tradicional está pensada o resto das creacións, que recrean o pobo de Belén do xeito máis clásico. Respecto ós premios, a 1ª Tenente de Alcalde explicou que neste ano se sustitúen os agasallos tecnolóxicos (una cámara de fotos dixital, un decodificador de tdt e unha consola nintendo dtd foron os premios da edición anterior) por tres vales de 100€, 75€ e 50€ respectivamente, para que os gañadores poidan canxealos por calqueira obxeto que desexen no hipermercado Froiz do Centro Comercial do Alto, que colabora no concurso. Poderán participar tódalas persoas e colectivos (asocacións socio-culturais, de veciños, relixiosas, centros escolares, etc…) pertencentes a Narón, presentando beléns de calquera tamaño que como mínimo representen tres escenas ben definidas. O xurado valorará positivamente a creación artística (orixinalidade, enxeño e riqueza imaxinativa), os materiais empregados (especialmente os reciclados), o esforozo e a laboriosidade na execución das obras. Os beléns serán visitados polo xurado (composto por membros do Centro de Promoción San José Obrero relacionados coa arte do Belenismo, profesionais de recoñecido prestixio cultural de Narón, e representantes municipais), que se desprazará a tódolos lugares que desexen participar –incluidos domicilios particulares-. O prazo de inscripción é do 1 ó 18 de decembro no Rexistro Xeral do Concello, onde se recollerá unha solicitude que haberá que entregar unha vez cuberta. O xurado dictará o seu fallo o dia 30 de decembro. A Tenente de Alcalde, Angeles Díaz, resaltou o espíritu participativo deste concurso, definíndoo coma “unha maneira de celebrar o nadal conxuntamente, e ambientar a navidade”, dixo. A 2ª edición do Concurso de Beléns ‘Cidade de Narón’ conta coa colaboración da Cadena Cope, e do Centro de Promoción Social San José Obrero.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal