Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA CHARLA SOBRE PRODUTOS DA RÍA
Con motivo do límite de aforo polas medidas de prevención da COVID-19 realizaranse as inscricións das persoas asistentes na entrada do evento
Narón, 27 de agosto de 2021. O concelleiro de Promoción Económica, David Pita, anunciou esta mañá a celebración dunha charla de carácter divulgativo sobre Produtos da Ría, enmarcada no programa Narón aberto ao Mar, que terá lugar o sábado día 4 de setembro ás 11.30 horas no Auditorio municipal de Narón, na Praza de Galicia. A charla será impartida polo biólogo Joam Luis Ferreiro Caramés e contará con representantes das tres confrarías da Ría: Barallobre, Ferrol e Mugardos. Pita destacou o obxectivo de impulsar o consumo de peixe e mariscos entre a cidadanía e difundir a variedade e calidade dos produtos da nosa Ría a través dunha labor informativa e divulgativa a cargo de persoas expertas na materia coas que as persoas asistentes poderán establecer un coloquio ao remate da charla. Ademáis contarase cunha degustación de diversos produtos da Ría ao final do acto. O evento, organizado polo Concello de Narón, conta coa financiación da Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, a Consellería do Mar da Xunta de Galicia e a colaboración da Confraría de Barallobre.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal