Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E O SECTOR DE ACTIVIDADE DE MONTAXE DE ESTADAS MULTIDIRECCIONAIS ACORDAN A NECESIDADE DE FORMACIÓN NESTA PROFESIÓN
O CONCELLO E O SECTOR DE ACTIVIDADE DE MONTAXE DE ESTADAS MULTIDIRECCIONAIS ACORDAN A NECESIDADE DE FORMACIÓN NESTA PROFESIÓN
A Alcaldesa, Marián Ferreiro, reiterou o apoio do Concello ás accións encamiñadas a favorecer a inserción no mercado laboral das persoas desempregadas promovendo e facilitando a formación necesaria para os perfís profesionais máis demandados
Narón, 31 de agosto de 2021. A alcaldesa, Marián Ferreiro, a concelleira de Formación, Natalia Hermida, e persoal técnico do Concello, reuníronse esta mañá no consistorio con Enrique Mallón Otero, secretario xeral de ASIME (Asociación de Industrias do Metal e Tecnoloxías asociadas), e representantes de empresas do sector, presentes na nosa comarca: Diego Méndez Río de NEOSIC – Grupo Nervión, Soraya Romero Díaz de GALICTIO, e Ricardo Moral Rodríguez de KAEFER.
Un dos obxectivos fundamentais foi informar e sensibilizar ás persoas desempregadas sobre unha grande posibilidade de inserción laboral nesta profesión para a que é necesaria unha formación previa que o Concello de Narón ten previsto impartir ao convocar a 2ª edición do Curso de montaxe de estadas multidireccionais.
O Concello organiza dito curso co obxectivo principal da inserción laboral das nosas persoas desempregadas, considerando ademáis como características salientables as seguintes:
É unha iniciativa innovadora desde a perspectiva de que ningún centro educativo, entidade formativa ou administración estaba a facer este tipo de formación. Eran as empresas as que tiñan que formar ao seu persoal.
É un curso cun contido moi práctico e relativamente curto (100 horas) xa que nun mes o alumnado dispón dun diploma valorado polas empresas do sector. Para realizalo non se precisa dun nivel educativo ou formativo previo. O perfil profesional desta ocupación non é esixente e incluso se está a contratar con referencias de idade moi amplas.
Tamén é unha circunstancia salientable que contamos na nosa comarca con 4 empresas fortes deste sector de actividade. Para o Concello era importante que para a adxudicación deste contrato de Servizos se presentaran empresas con experiencia e que ofreceran calidade, e así foi. O contido do curso, no que prima a prevención de riscos e a seguridade, foi asesorado por Soraya Romero Díaz, directora de RRHH da empresa GALICTIO. A previsión é facer outro curso máis este ano, que convocaremos en setembro, e nos vindeiros anos 2022 e 2023, continuar cun curso cada ano. O Concello ve a necesidade de achegar a información ás persoas desempregadas sobre a gran posibilidade de inserción laboral e por elo invitamos ás empresas e a ASIME para visibilizar a demanda existente desta profesión.

Os representantes das empresas e de ASIME valoraron esta formación promovida polo Concello incidindo nunha cultura preventiva previa para as persoas que accederán ao mercado laboral e manifestaron o seu interese e apoio para visibilizar e concienciar sobre moitos aspectos positivos nesta profesión, na necesidade de acadar este perfil profesional, e remarcaron que a profesionalización deste sector nos últimos anos equipara esta profesión a calquera outra do sector industrial destacando a súa transversalidade. Promover asi mesmo o contacto entre as persoas demandantes de emprego e as empresas é outro dos obxectivos importantes a acadar. Agradeceron ao Concello en xeral e á alcaldesa, Marián Ferreiro, en particular, o esforzo na interlocución

A alcaldesa, Marián Ferreiro, agradeceu a implicación de ASIME e das empresas pola súa presenza nesta convocatoria informativa e divulgativa, xa que co séu apoio adquire unha visibilización e un eco social especialmente positivo nas persoas que están á procura de emprego. Ferreiro reiterou o apoio do Concello ás accións encamiñadas a favorecer a inserción no mercado laboral das persoas desempregadas promovendo e facilitando a formación precisa a través de cursos que sexan obxecto de demanda das empresas para diversos perfís profesionais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal