Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO LICITA ACTUACIÓNS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, VIAIS, ESPAZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS E SERVIZOS POR UN IMPORTE SUPERIOR A 1,3 MILLÓNS DE EUROS
O CONCELLO LICITA ACTUACIÓNS EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS, VIAIS, ESPAZOS PÚBLICOS MUNICIPAIS E SERVIZOS POR UN IMPORTE SUPERIOR A 1,3 MILLÓNS DE EUROS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou a importancia das actuacións proxectadas dende o Concello en canto á mellora e ampliación de instalacións e servizos municipais
Narón, 3 de setembro de 2021. O Concello de Narón mantén actualmente en fase de licitación actuacións valoradas, en conxunto, en algo máis de 1,3 millóns de euros. Así o anunciou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que explicou que se trata de obras “que permitirán ampliar a oferta de servizos na cidade, mellorar outros xa existentes e avanzar en materia de accesibilidade e que se corresponden con varias áreas, como infraestruturas, parques e xardíns, servizos ou deportes”.
Entre as actuacións a levar a cabo contémplase un importante investimento para obras de mellora de accesibilidade de rúas na zona urbana. Así o indicou Ferreiro, apuntando que se acometerán obras orzamentadas en 277.900 euros nas rúas Luis de Góngora e Espronceda, na zona de Freixeiro, donde se implantará a plataforma única. Neste mesmo ámbito tamén se están licitando intervencións noutros viais do entorno da rúa Bispo Argaya, Ferrol, Río Masma e a zona de Amenadás, unha trintena en total por importe de 69.330 euros, tal e como apuntou Ferreiro. A maiores, tamén se reforzará a rodadura do vial que comunica os lugares de Cimadevila e Canteiros, no Val, cun investimento orzamentado en 63.365 euros e aglomeraranse viais en Río do Pozo cun investimento de 118.653 euros.
A rexedora local avanzou que no ámbito deportivo acondicionarase e mellorarase a accesibilidade do local de piragüismo, ubicado en Xuvia, unha intervención valorada en 78.571 euros e que permitirá, indicou “habilitar un espazo máis acorde ás necesidades do club, cunha superficie construída de algo máis de 100 metros cadrados”. Así mesmo, acondicionarase interior e exteriormente o edificio para o fomento de apoio deportivo na Gándara, unhas instalacións que se destinarán ao Club de Remo de Narón. “Neste caso recuperarase con cargo a un investimento de 118.657 euros un edificio de propiedade municipal, localizado nas inmediacións da avenida do Mar e das instalacións que habitualmente utiliza o Club de Remo local”. Ferreiro explicou que “na área de Deportes tamén se destinarán 189.711 euros a repoñer o tapiz de herba artificial do campo do Cadaval, unhas instalacións deportivas cun uso moi elevado e que son unha referencia para as escolas de fútbol base da cidade, con máis de 200 usuarias e usuarios”. Finalmente, no que respecta á citada área, “o Concello apostou tamén por construír unha pista de lanzamento en Río Seco, orzamentada en 126.498 euros e que será homologable a nivel rexional. “Tiñamos un compromiso firme coa xente que practica o lanzamento de xabalina, disco, martillo e peso, que ata agora adestraba na zona do Estadio de Río Seco e que próximamente terá un espazo propio para a práctica desta disciplina”, destacou a rexedora local.
En canto a espazos públicos e de lecer, reporase o caucho en varios parques infantís da cidade. “Esta actuación enmárcase no Plan Integral de mellora de espazos públicos da cidade e nesta ocasión con cargo ao mesmo e un investimento de 102.342 euros actuarase nunha docena de parques ubicados en varios barrios da zona urbana, algúns deles no interior de recintos de centros educativos”, avanzou Ferreiro.
A ampliación do local social de San Mateo, cun investimento de 100.488 euros é outra das obras que están actualmente en fase de licitación. Neste caso, indicou a alcaldesa, “ampliarase o local polo suroeste, prolongando a cuberta e permitindo gañar un espazo duns douscentos metros cadrados ao tempo que tamén se mellorarán servizos como a iluminación e se construirá un novo acceso ao local”.
Na área de servizos está en licitación a implantación da rede de saneamento no Camiño da Fonte, no Alto do Castiñeiro, actuación orzamentada en 77.846 euros que permitirá instalar un colector e un grupo de bombeo para recoller os verquidos dunha zona que carecía deste servizo e do que inicialmente se beneficiarán unha decena de vivendas, aínda que poderán facelo o dobre, tal e como explicou.
“Trátase de actuacións moi importantes para a cidade e que nalgúns casos se confinancian coa axuda doutras administracións, apostando o Concello por priorizar cada unha destas obras e por mellorar as instalacións e servizos da cidade e incrementalos no caso de ser posible”, subliñou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal