Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS DE TEMPO LIBRE PARA MOZ@S DE NARON
O Concello e a asociación Croio firman un convenio para desenvolver estas actuacións.
Narón, 20 de Novembro de 2009.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e o representante da Asociación Xuvenil de Tempo Libre Croio, David Corral, firmaron hoxe un convenio de colaboración para a realización de actividades medioambientais de tempo libre, dirixidas a mozos e mozas de Narón. Trátase da 10ª ocasión na que o Concello e esta entidade colaboran na campaña medioambiental que se realiza ó amparo deste convenio. O acordo permitirá desenvolver actividades que contribúan á recuperación e conservación de zonas naturais de propiedade municipal, como a limpeza das beiras do río Xuvia ou a plantación de novas especies arbóreas autóctonas. Para realizar estas actividades, Croio disporá dun orzamento de 3.814 euros enmarcados neste convenio. A cambio, desenvolverá un programa de actividades en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente. É o seguinte: -Campaña de “aniñamento” (construiranse medio centenar de caixas aniñadeiras, para paxaros de pequeno tamano, e se colocarán na área recreativa do muiño de Pedroso, unha das zonas máis afectadas polo ciclón Klaus). -Sementado e plantación de árbores (especies de pouca presenza no concello coma gniko, acacia amarela, acacia de tres espiñas, choiva de ouro, cornello de frol, arbore do coral, aciñeiras, sobreiras, castiñeiro de indias, magnolios, palmeira canaria e piñeiro maritimo, levando a cabo unha prantación posterior unha vez acaden o tamaño axeitado) -Inventario de árbores singulares do Concello (incluíndo por primeira vez árbores frutais e arbustos). -Limpeza popular das beiras do Río Xuvia (implicando ás novas xeracións na limpeza e conservación medioambiental). A Asociación Croio desenvolve actividades de promoción, formación e ocio da xuventude –especialmente no medio natural- a quen lle difunde valores que favorecen o coñecemento, o respeto e o amor á natureza. O Alcalde de Narón destacou a importancia de manter campañas coma ésta “xa que implican ós nenos na defensa do medioambiente”, sinalou.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal