Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR CON EXPOSITORES NA FEIRA DE DESENVOLVEMENTO RURAL "REXENERA"
O edil de Medio Ambiente, Santiago Galego, explicou que o evento terá lugar a primeira fin de semana de outubro na Feira do Trece, na parroquia de Sedes
Narón, 9 de setembro de 2021. O Concello celebrará os días 1, 2 e 3 de outubro a Feira de Desenvolvemento Rural e Medio Ambiente “Rexenera”, aberta á participación das empresas vencelladas a estas áreas interesadas. O concelleiro de Medio Ambiente, Santiago Galego, anunciou que as firmas interesadas en montar un stand nesta feira, que se desenvolverá no recinto do Trece (Sedes) deben escribir un correo electrónico á dirección: m.ambiente@naron.es, dende donde lles remitirán un formulario cos pasos a seguir para poder participar. Galego avanzou que se poderán montar un total de 25 stands, en función do espazo que precisen as empresas que finalmente acudan. No caso de que a demanda de postos supere á oferta concederanse por rigorosa orde de solicitude. Os responsables das empresas poderán participar de balde, tal e como indicou o edil naronés.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal