Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
IMAXE GAÑADORA DO CONCURSO DE CREACIÓN DUN MONUMENTO Á MULLER
IMAXE GAÑADORA DO CONCURSO DE CREACIÓN DUN MONUMENTO Á MULLER
A figura se instalará na Praza da Gándara no vindeiro ano.
Narón, 23 de Novembro de 2009.- A Comisión de Traballo sobre temas da Muller, presidida por Mª del Carmen Espada Cortizas, ven de facer público o nome da persoa gañadora do Concurso de Propostas e Creación dun Monumento á Muller. O xurado –reunido o pasado 19 de novembro- estivo formado pola presidenta de dita comisión, e os membros da mesma (da que forman parte concelleiros e concelleiras da Comisión da Muller) asesorados polo prestixioso escultor Manuel Patinha.

A escultura gañadora é obra do artista David Pérez Marín, Licenciado en Belas Artes e natural de Barcelona. A peza xoga con espazos valeiros e volúmenes de grande solidez, que a dotan de un aire de lixereza e levedade con formas onduladas que dibuxan o perfil feminino. A luz ten unha grande importancia nela, dando relieve a volúmenes e aristas interiores con afán de ensalzar o mundo interior. Ó mesmo tempo represéntanse liñas fortes e decididas que debuxan as formas nun amplo percorrido pola superficie da peza, simbolizando firmeza e decisión.

A imaxe aquí representada é unha maqueta que recolle a forma que terá a mesma pero non o acabado final, xa que se construirá en resina de epoxi e se lle dará un acabado en bronce envexecido. A escultura terá unhas medidas de 1,80 (alto) x 90 (ancho) x 50 (fondo) e se ubicará na Praza da Gándara. A data prevista para a súa inauguración será o 8 de Marzo de 2010, Dia Internacional da Muller Traballadora.

A Concelleira de Muller e presidenta do xurado, Mª del Carmen Espada, destacou a alta participación acadada neste concurso, ó que se presentaron un total de 36 propostas creativas procedentes de toda España e mesmo do extranxeiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal