Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO REFORZOU O SERVIZO DE LIMPEZA DOS CENTROS DE ENSINO CON MOTIVO DO INICIO DO CURSO ESCOLAR
A alcaldesa, Marián Ferreiro, destacou o incremento de horas de limpeza nos centros de ensino nos que o Consistorio ten as competencias neste servizo
Narón, 11 de setembro de 2021. O inicio do curso escolar 2021-2022 levou ao Concello de Narón a reforzar o servizo de limpeza e desinfección nos centros nos que estas tarefas son da súa competencia. A alcaldesa, Marián Ferreiro, indicou que “a evolución da situación sanitaria permitiu aliviar considerablemente as medidas con respecto ao pasado curso pero aínda así é moi importante extremalas ao máximo para evitar posibles contaxios en espazos como os centros de ensino coincidindo coa apertura das aulas”. Ferreiro recordou que o Concello ten as competencias na limpeza dos colexios da Solaina, A Gándara, Ponte de Xuvia, Piñeiros, e nas escolas do Val, Domirón, Sedes e San Xiao. “A maiores dos traballos de limpeza que se viñan facendo regularmente, coincidindo co inicio do curso incrementamos nunhas 400 horas mensuais as destinadas á desinfección dos espazos e mobiliario de uso común, como son os accesos, baños, bancos…”, indicou. Os traballos axústanse a protocolos específicos e realízaos –en horario de mañá- persoal que percibe a Renta de Integración Social (Risga) e outro vencellado á contratación dunha empresa de limpeza. O protocolo da Xunta de Galicia para centros educativos con respecto á covid-19 contempla o feito de poder reducir nun tercio a limpeza xeral diaria (en horario de tarde) para prestar os servizos de reforzo e desinfección durante a mañá. “O que fixemos no Concello de Narón, para que non se produza un deterioro da limpeza xeral, é prestar este servizo a maiores da limpeza ordinaria que se viña facendo nos centros, reforzándoo e ofrecendo deste xeito maiores garantías sanitarias tanto ao alumnado como ao persoal que traballa nos colexios nos que se encarga o Consistorio da limpeza”, subliñou a alcaldesa. Así mesmo, en canto aos protocolos de limpeza pola covid-19 Ferreiro recordou tamén que se mantén o reforzo da limpeza en todos os edificios municipais: Concello, Biblioteca, Centro de Formación Irmás Froilaz… “e no caso das instalacións deportivas tamén se aplicará un protocolo específico de cara á reapertura da piscina da Gándara en determinados horarios e en función das necesidades”. “Debemos continuar extremando todas as medidas preventivas para seguir avanzando na desescalada dun xeito seguro, ofrecendo as máximas garantías e apelando tamén á responsabilidade individual para evitar posibles contaxios pola covid-19”, subliñou a rexedora local.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal