Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DISPÓN DUN TOTAL DE 43 PRAZAS LIBRES NAS TRES ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS
A edil de Ensino, Mercedes Taibo, recordou que as familias interesadas nalgunha das vacantes poden tramitar a matrícula no Servizo Sociocomunitario municipal
Narón, 13 de setembro de 2021. Nas escolas infantís municipais da Solaina, A Gándara e Piñeiros contabilízanse un total de 43 vacantes. Unhas prazas que, tal e como indicou a concelleira de Ensino, Mercedes Taibo, están á disposición das familias interesadas en matricular ás súas fillas e fillos, podendo realizar os trámites pertinentes no Servizo Sociocomunitario do Concello. Na Escola Infantil Municipal da Solaina hai catorce prazas libres, das que seis se corresponden coa franxa de 0 a 1 anos; unha para os de 1 a 2 e as sete restantes os de 2 a 3. No caso da ubicada na Gándara hai cinco vacantes para os menores de 0 a 1 anos; unha para os de 1 a 2; cinco para os de 2 a 3 e seis para as persoas que soliciten horario de tarde. Así mesmo, na Escola Infantil Municipal de Piñeiros hai un total de doce prazas libres: nove para nenas e nenos de 0 a 1 anos e tres para os de 2 a 3, estando cuberto o cupo dirixido a menores de 1 a 2 anos. Taibo recordou que cada unha das escolas infantís municipais da cidade ten seis unidades e 82 prazas de atención simultánea. No caso das da Solaina e Piñeiros o horario de apertura é de 7.30 a 17.30, se ben a da Gándara ofrece tamén, debido á demanda, horario de tarde, estando operativa de 7.30 a 20.00 horas. “Consideramos que son tres centros que están funcionando moi ben, tratándose dun servizo con moita demanda na cidade. Co fin de adaptarnos ás necesidades das familias en cada momento, dende o Concello apostamos por abrir un período ordinario de matrícula pero no caso de que queden vacantes deixamos aberta durante todo o ano a posibilidade de que se poidan matricular no momento que o precisen”, subliñou a edil naronesa.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal