Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN HOMENAXEA Á PRIMEIRA CORPORACIÓN DEMOCRÁTICA CONSTITUÍDA HAI 30 ANOS
Asistiron a maioría dos 21 concelleiros daquela época.
Narón, 23 de Novembro de 2009.- A Corporación Municipal de Narón celebrou hoxe a festividade local deste municipio cun acto de homenaxe ós integrantes da primeira corporación democrática, constituída no ano 1979 sendo alcalde Antonio Martínez Aneiros. O actual Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, presidíu un acto no que se descubríu unha praca cos nomes dos membros desa corporación, formada por 18 homes e 3 mulleres en representación de seis partidos políticos. (Adxúntase os nomes desa corporación municipal). Os portavoces de cada un deles tomaron a palabra para reivindicar o espíritu colectivo e a identidade que tense consolidado ó longo das últimas décadas neste municipio. Precisamente nese sentido foron as verbas do alcalde, Jose Manuel Blanco, quen calificou coma unha honra celebrar hoxe este acto en lembranza da primeira corporación democrática constituída en Narón o 19 de Abril de 1979. “Quero facer un recoñecemento público expreso a aqueles concelleiros e concelleiras que fixeron posible o que hoxe é Narón”, declarou o rexedor apuntando que pasados trinta anos, esta cidade mantén a súa ilusión por medrar e convertirse nun referente para toda Galicia, “Nos non quixemos deixar nada fora senón construir sobre o que xa estaba feito”, recalcou Blanco. Mirando cara ó futuro, o Alcalde asegurou que “Narón ten que afrontar con firmeza os retos dunha nova sociedade, creando políticas positivas, eficaces e eficientes. Traballamos para difundir a participación cidadá, a creación de novos espacios verdes e de ocio, e para seguir sendo un concello moderno e de progreso”, indicou. Antes da súa intervención, tomaron a palabra os portavoces da corporación demócratica de 1979, entre eles os ex alcaldes Antonio Martínez Aneiros e Xoán Gato –ambos pertencentes a Unidade Galega- os cales agradeceron ó Concello a convocatoria deste acto en homenaxe á democracia. Daquela corporación, formada por 21 concelleiros, asistiron hoxe ó Concello un total de 16 membros. CORPORACIÓN DEMOCRÁTICA DE 1979 Agrupación Libre Independente Jorge Fontela López Unidade Galega Antonio Martínez Aneiros Mercedes Piñeiro Cabalo Manuel Méndez Batán Juan Gato Díaz Alfredo Grandal Yañez Francisco Sanesteban y Veiga José Montero Embade Partido Comunista de Galicia Rosario Alabau Albors Rafael Bescos Couceiro José R. Suárez Feal Partido Socialista Obrero Español Jesús Mª García López Juan L. Dapena Cagiao José A. Moreira Seco Coalición Democrática Jesus Blanco Martínez Placido Pantín Doce Unión de Centro Democrático Severino Teijeiro Fraga Juan Enrique Sedes Casal Guillermo Sanz Salgado Mª del Carmen Fernández Merlán Juan José Vila Pena

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal