Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN ORGANIZAN A INICIATIVA "ANIMARÚA"
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE NARÓN ORGANIZAN A INICIATIVA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentaron o evento xunto con Susana Oreona e Alba Dopico, secretaria e tesoureira, respectivamente, da ACN
Narón, 17 de setembro de 2021. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Promoción Económica, David Pita, presentaron no Concello xunto con Susana Oreona e Alba Dopico, secretaria e tesoureira respectivamente da Asociación de Comerciantes de Narón (ACN) a iniciativa “Animarúa”. Trátase dunha proposta organizada polo Concello e a ACN que o día 25 de setembro animará, baixo o lema “Camiñando por Narón facemos cidade”, catro prazas da cidade en colaboración con centros de baile e música, de animación infantil e xogos populares, tal e como avanzaron. Así mesmo, haberá sorteos con agasallos aos que poderán optar as persoas que realicen as súas compras os días 24 e 25 nos comercios da ACN que se impliquen nesta iniciativa.
A praza do colexio de Xuvia e a pista verde de Santa Icía acollerán o día 25 diferentes propostas entre as 11.30 e as 14.30 horas. Na pista verde haberá unha actuación da academia UPA ás 11.30 horas e na Praza do colexio de Xuvia a esa mesma hora será a actuación de Rock School e ás 12.30 haberá outra a cargo de All Dance. Entre as 12.30 e as 14.30 horas haberá tamén propostas de animación en ambas ubicacións.
Pola tarde, a programación de "Animarúa" continuará nas prazas da Gándara e de Galicia. Na primeria delas haberá unha actuación a cargo de UPA a partir das 17.00 horas, ás 18.00 outra de Rock School e ás 19.00 será a de A Banda do Garaxe. Na Praza de Galicia comezará ás 17.00 horas a programación cunha actuación a cargo de All Dance, ás 18.00 haberá xogos populares e ás 19.00 máis propostas para público familiar.
Coincidindo co remate da programación matinal e da tarde, ás 14.30 e ás 20.00 horas, haberá catro sorteos, un en cada ubicación, nos que se repartirán un total de catro cestas de alimentación valoradas en 150 euros cada unha. Poderase optar ao sorteo depositando ese mesmo día 25 nas urnas que haberá en cada praza os boletos que se entregarán nos comercios da ACN os días 24 e 25 coas compras realizadas. É obrigatorio que a persoa que resulte agraciada estea presente no momento do sorteo para poder levar o premio, tal e como indicaron dende a Asociación de Comerciantes de Narón.
En canto aos comercios participantes, durante os días 24 e 25 ofrecerán á clientela promocións, descontos e realizarán tamén sorteos para fomentar as compras nos establecementos da ACN, preto dun centenar na cidade.
A maiores de todas estas propostas, tal e como avanzaron dende a organización, a Xove Banda de Narón realizará un percorrido pola mañá pola zona de Santa Icía e pola tarde os bonecos de Ilusionarte percorrerán e visitarán os comercios.
Dende a Asociación de Comerciantes de Narón incidiron en que o colectivo “traballamos por e para os nosos asociados e asociadas, e cada día somos máis”, ao tempo que agradeceron a colaboración do Concello e as empresas que fixeron posible a convocatoria deste evento.
Pola súa banda, a alcaldesa e o edil de Promoción Económica destacaron a calidade e variedade do comercio de Narón, incidindo ao mesmo tempo “no gran labor e na implicación que amosa a Asociación de Comerciantes de Narón para desenvolver ao longo do ano numerosas iniciativas impulsadas a dar a coñecer os establecementos da cidade, fin este para o que sempre contarán coa colaboración do Concello”. Así mesmo, Ferreiro e Pita animaron á cidadanía de Narón e doutros concellos da zona a apostar polo comercio local e a desfrutar das diferentes propostas que se levarán a cabo o día 25 en catro prazas da cidade.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2022 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal