Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE NO SUBMINISTRO DE AUGA DO VAL E SAN MATEO DENDE A NOITE DO MÉRCORES ATA A MAÑÁ DO XOVES
A medida responde á necesidade de realizar labores de mantemento no depósito ubicado no Val, que se limpará e desinfectará
Narón, 20 de setembro de 2021. A empresa do Servizo Municipal de Abastecemento de Narón, Cosma, anunciou un corte no subministro de auga que terá lugar o vindeiro mércores día 22, a partir das 20.00 horas e que se prolongará ata as 8.00 horas do xoves 23. A interrupción no subministro afectará a dúas parroquias da zona rural: San Mateo e O Val, tal e como indicaron dende a empresa. Durante o período das restricións operarios da compañía encargaranse de realizar labores de mantemento no depósito de abastecemento localizado no Val, que se limpará e desinfectará seguindo o Protocolo de Autocontrol aprobado por Sanidade. Dende Cosma solicitan de antemán desculpas á veciñanza polas molestias que poida ocasionar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal